HOMENAXE A ANTONIO COLLAZO, UN REFERENTE DO MOVEMENTO VECIÑAL. SÁBADO 28 ÁS 17:30 H ,NO LOCAL
A xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis organiza un acto de homenaxe a Antonio Collazo, este vindeiro sábado 28 de xaneiro ás 17:30 horas, no local da Asociación.
A finais do pasado mes de agosto de 2022, produciuse o falecemento de Antonio Collazo Collazo, quen fora directivo da Asociación Veciñal de Teis, ao longo dos últimos 23 anos, destacando o seu período como presidente da Asociación.
Foi un home entregado co Asociación Veciñal de Teis, tendo adicado máis de 23 anos da súa vida de xeito desinteresado a Asociación. Pola súa longa traxectoria e implicación era un dos referentes do movemento veciñal de Vigo.
Sempre foi unha persoa de ideas de esquerda e comprometido co seu pobo, pois ademais de implicarse co movemento veciñal, participara tamén no movemento sindical.
Tamén debemos destacar a súa faceta humana: honesto, comprometido, solidario, diálogante. Que se facía querer por calquera persoa que o coñecía. Un home de ben.
O acto de homenaxe a Antonio Collazo, consistirá na colocación dunha placa no local da Asociación e a proxección dun audiovisual que recolle a traxectoria de Antonio Collazo na Asociación.
