Feitos Históricos
1976
- O 5 de marzo de 1976, reunense os socios/as para a formalización da constitución da Asociación de Veciños de Teis.
- 20/7/76-Primeira asemblea no colexio Paraixal, se legalizan os estatutos e se abriron as inscripcións de socios.
1977
- En agosto publicase o nº 0, da “A Guía”, voceiro da Asociación de Veciños de Teis.
- Ao longo do mes de xullo, concentracións para denunciar os danos ocasionados polas obras da autoestrada AP-9, na Mouta.
1980
- Concentracións para reivindicar un semáforo na encrucillada dos Caños.
1981
- Reivindicación rede de saneamento para zonas do barrio.
- Decembro inauguración do local social da asociación.
1982
- Mobilización reivindicando saneamento para os lugares da Trapa, Paradela, Mouta e Paraixal.
1983
- Concentracións na Guía en contra da supresión da liña 10.
- A asociación oponse a suba do billete do autobús (vitrasa).
1984
- A asociación posicionase en contra da suba dos impostos municipais.
- Maraton para reivindicar a conservación da carballeira da Guía.
1985
- Ao deste ano realizase unha forte campaña polo traslado dos depósitos da CAMPSA.
1989
- Mobilizacións polo saneamento e contra o trazado da tubería ao Morrazo
1993
- Reivindicanse mediante concentracións no parque da Riouxa, dotacións para este parque ( bancos, farolas, fontes).
1994
- Volta a reeditarse o voceiro da asociación.
- 4/12 Marcha contra o trazado da autoestrada AP-9, tramo Rande- Puxeiros. Vogalía Xúvenil
1991
- Reivindicase un novo trazado para autoestrada AP-9, no tramo Rande-Puxeiros.
1995
- Comezan as obras da autoestrada AP-9, no tramo Rande-Puxeiros e a desfeita do monte da Madroa.
2000
- 24/02. Presentación no rexistro da Autoridade Portuaria de 1.847 alegacións contra o proxecto do porto deportivo da Lagoa.
- 26/08. Acto de limpeza da praia de Ríos, rexeitando o proxecto de ampliación do estaleiro Montenegro, que pretendía realizar un aterramento de 5.000m2 e construir naves de 25m de altura.
- 17/07. Concentración diante da Autoridade Portuaria, para rexeitar os proxectos do porto deportivo da Lagoa e a ampliación do varadoiro Montenegro.
- 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, concentración na praia da Lagoa, para amosar a nosa oposición ao proxecto do porto deportivo.
- Organizamos unha mesa redonda sobre o proxecto do porto deportivo da Lagoa.
- No mes de outubro esiximos a Autoridade Portuaria a retirada do proxecto de construcción do porto deportivo da Lagoa.
- Editase o libro “O Sindicato de Agricultores de Teis” .
2001
- 23/01. A asociación demanda a prolongación do túnel da Madroa (AP-9), debido aos desprendementos que se produciron ao longo do inverno. Así como a reparación de 32 vivendas.
- 11/04. Acto colocación cruces no falso túnel da Madroa.
- A asociación e o organización ecologista Erva, dirixense ao Ministerio de Medio Ambiente, en contra do porto deportivo da Lagoa.
- 5/06. Concentración na praia da Lagoa, contra o proxecto do porto deportivo da Lagoa.
- A empresa estaleiros e varadoiros Montenegro, renuncia a ampliación das súas instalacións en Ríos.
- A asociación rexeita o proxecto presentado pola empresa “ Frioteis “, para construcción dun peirao de atraque e unha cámara frigorífica.
- A asociación diríxese ao Ministerio de Medio Ambiente para exixir que nos orzamentos do Estado para o ano 2002, se inclua unha partida para executar o paseo do litoral da Guía.
- 22 de novembro, colocación dun monumento no parque, onde estaba o local do Sindicato de Agricultores de Teis (1900-1936).
- A asociación exixe que os terreos da ETEA, sexan para uso público e non se especule cos mesmos.
2002
- A asociación e a organización ecologista Erva, rexeitamos o proxecto de porto deportivo para a Cacharela, que inclue 474 prazas de amarre e ocupa espazos en terra. Ambas entidades denunciamos que o estudo de impacto ambiental do proxecto era un fraude.
- 21/02. Presentación alegacións na Autoridade Portuaria contra o proxecto de porto deportivo da Cacharela.
- 29/05. Concentración no recheo da Cacharela, en contra do proxecto do porto deprotivo, que pretende instalar 474 prazas de amarre e destinar o aterramento para un estacionamento de 140 prazas.
- 14/07. Marcha ciclista en defensa do litoral de Teis.
- A asociación denuncia no xulgado a empresa que realiza queimas no aterramento da Lagoa, a mesma que promove o porto deportivo.
- A empresa retira o proxecto do porto deportivo da Cacharela.
- 9/11. “ III Marcha contra as agresións a ría “, convocada pola Plataforma pola Defensa da Ría, sae desde do mercado de Teis.
2003
- No mes de xuño realizanse varias concentracións en contra da remodelación do transporte urbano.
- 23/06. A asociación consegue que a liña 17 do transporte urbano, se amplie e chegue até Ríos.
- A Autoridade Portuaria, aproba no consello de administración o proxecto do porto deportivo da Lagoa.
- A asociación solicita a Autoridade Portuaria a desafectación do aterramento da Cacharela e a creación dunha zona verde.
- Editase o libro “Memoria historica de unha parroquia do litoral (Vigo-Lavadores)”.
2004
- 21/08 e 28/08. Paralización do paso de camións a Lagoa.
- 23/08 Concentración diante do Concello, para denunciar as obras ilegais da nave e un pantalán no aterramento da Lagoa, ao carecer de lindeza municipal.
- A Asociación Veciñal de Teis, Voces polo Litoral de Teis, Plan Comunitario de Teis e a Plataforma pola defensa da Ría de Vigo, elaboramos un documento contra as obras ilegais do porto deportivo da Lagoa.
- 9/12. Xuizo de faltas contra 4 veciños/as, dous deles directivos da asociación, pola paralización do paso dos camións o 21 e 28 de agosto.
2005
- A asociación denuncia a falta de vontade, interese do Concello de Vigo, en que execute o paseo do litoral da Guía.
- 19/03? e 31/03. Manifestacións contra o Pan Xeral de Ordenación Urbana.
- 26/07 concentración na praia de Ríos, contra un aterramento por parte do varadoiro Pérez Méndez.
- A asociación esixe o peche inmediato do cortalumes da Guía e a posta a disposición destes terreos ao Ministerio de Medio Ambiente, para que executen o proxecto do paseo do litoral da Guía.
2006
- 01/08 e 03/08. A asociación esixe a administración Estado a colocación dun semáforo na avenida Angel de Lema y Marina e convocase manifestacións durante cinco meses.
- A Asociación Veciñal de Teis ,Chapela e Trasmaño e as federacións veciñais de Vigo e Redondela, realizamos unha campaña de recollida de sinaturas para exixir a supresión da peaxe na autoestrada AP-9 no tramo Vigo-Redondela. 21/10. Acto entrega de sinaturas recollidas.
- A asociación apoia a concentración da veciñanza afectada polo trazado do AVE.
- Editase o “Álbum fotográfico de Teis”
2007
- 11/01. Acto de presentación proxecto para ETEA elaborado por Zona Franca.
- A asociación edita dúas postais para enviar masivamente a Corina Porro, Alcaldesa de Vigo e a Cristina Naborna, Ministra de Medio Ambiente, para exixir a ambas administracións que cumpran as súas obrigas e executen dunha vez o paseo do litoral da Guía .
- A asociación solicita ao delegado da Zona Franca a apertura das instalacións deportivas da ETEA.
- 22/03. Concentración afectados/as polo trazado do AVE.
2008
- 19/01, 16/02 e 9/05. Concentracións diante da entrada da ETEA, reivindicando o uso público destes terreos, oposición ao porto deportivo e a recuperación das instalacións deportivas.
- 22/04. Concentración na Alcadía veciñanza afectada polo trazado do AVE.
- 2/05. Manifestación da veciñanza afectada polo trazado do AVE.
- 27 de decembro inauguración monolito na Guía, ao represaliados do barrio na dictadura fascista.
2009
- A asociación solicita unha xuntanza co Alcalde, para tratar sobre o futuro das instalacións deportivas da ETEA.
- A asociación solicita que a Zona Franca se faga cargo da reparación na súa totalidade das instalacións deportivas da ETEA.
- 28/07. A asociación e os clube deportivo A Guía, Clube Fútbol Teis, en rolda de imprensa exiximos a reparación de tódalas instalacións deportivas da ETEA.
- A asociación acusa a Corina Porro, presidenta da Autoridade Portuaria de intentar legalizar as naves ilegais da Lagoa e exiximos o derrube das mesmas.
- Editase o libro de fotos “Apuntes historicos e fotografias da ETEA”.
2010
- Solicitamos ao Concello coñecer o proxecto de reforma das instalacións deportivas da ETEA.
- 8/07. Denunciamos as deficiencias dos parque da Guía e a Riouxa, presentando un dossier e exiximos a elaboración dun plano de mellora destes espazos verdes.
- Denunciamos en setembro a falta de mantemento do paseo do litoral da Guía, que inaugurouse o pasado 19 de xuño.
- Solicitamos a recuperación da praia de Ríos, a través do proxecto de pasarela ecolóxica no borde do litoral desde A Guía.
- 17/9/10-Organizase no C. Civico unha conferencia dos sindicatos para explicar as razons da folga xeral do día 29.
- 13/10.Rolda de imprensa dos colectivos de Teis, denunciamos os incumprimentos da Xunta de Galiza e o Concello de Vigo, sobre os usos e o futuro da ETEA.
2011
- Reclamamos a execución do “Plan Teis” xa que varias actuacións quedaron sen realizar.
- Reclamamos o cambio das tubaxes da Avda de Galicia.
- Se fixo a solicitude de un parque en Pedro Alvarado.
- Solicitudes de arranxo das instalacións deportivas da ETEA.
- Solicitamos a reposición da marquesiña no obispado, recollida de augas en Boan-Castañal, puntos de luz en Oliveira, limpeza do paseo da Guia…etc.
- 11/9/2011-Se celebran os 35 anos da fundación desta Asociación, na Festa Veciñal con a visualización do video “35 anos ao servizo do barrio”
- Se edita o segundo libro de fotos Teis II.
2012
- Seguimos reivindicando a apertura das instalacións da ETEA.
- Seguimos denunciando as continuas roturas de tubaxes.
- Reclamación de mais liñas de autobuses.
- Se edita o vídeo “35 anos ao servizo do barrio” e se reparte entre os socios.
- Apoyo as reclamacións dos veciños de Enrique Lorenzo, polas obras de humanización.
- Comenzan as discrepancias con o alcalde polo Centro Cívico.
- Acto de reivindicación no na zona verde do Centro Cívico.
- Pedimos a apertura do Civico de Rios e que sexa xestionado por a Asociacion Cultural do Salvador.
2013
- Reclamacions sobre antenas de telefonía e carteis de publicidade.
- Se solicita a canalización do regato do Pingue a Augas de Galicia.
- Reclamación o Concello de arranxo dos nichos do cemiterio de Teis, que se inclinaron por filtracións do regato lateral.
- Continuan as roturas de tubaxes e se funde a rúa Boan.
- Petición de beirarúas en Foxos.
2014
- Se interrumpe a rolda de prensa do Alcalde, Abel Caballero, en protesta por non contemplar os orzamentos partida para a xestión do Centro Cívico.
- O concello expulsa a AA. Veciñal do Centro Cívico.
- A AA. Veciñal decide querellarse contra o Sr. Alcalde, por inxurias, chega a decir na prensa que nos quedamos cos cartos destinados a xestión do Centro Civico.
- Se reclaman mais parques infantis.
2015
- 2/4/15-Os Veciños de Teis paralizan as obras de Alonso Ojeda.
- 8/5/15-Se denuncia o total abandono da pista deportiva das Coutadas.
- 8/9/15-Por primeira vez celebrase a Festa Veciñal na plaza da ETEA.
- 22/9/15-Se denuncian novas roturas no suministro de Augas.
- 1/12/15-Presentase unha alegación os orzamentos para solicitar varias melloras para o barrio.
- 29/12/15-Denunciase o incumprimento do Plan Aqualia.
2016
- 16/5/16-Renovase a directiva da Asociación.
- 2/6/16- Nos posicionamos en contra do uso residencial da ETEA.
- 19/6/16-Se recollen firmas para esixir o mantemento das instalacións da ETEA.
- 29/6/16-Nos concentramos na ETEA.
- 12/7/16-Se reclama unha mellor conexión de Vitrasa con o H. Alvaro Cunqueiro.
- 15/11/16- Se recollen 3654 firmas para reivindicar melloras no transporte o Hospital.
2017
- 8/2/17-Xuntanza con o Sr. Lopez Chaves para falar do Campus do Mar na ETEA.
- 9/3/17-Reiterase a petición o Ministerio de Fomento para que a AP-9 sexa via urbán ata as Torres de Padín.
- 24/6/17-Faise a Fogueira de San Xoan en Espiñeiro.
- 17/7/17-Embarcase por primeira vez xente para o viaxe a Cies dende o embarcadeiro da ETEA.
- 17/9/17-Festa Veciñal na ETEA.
- 16/11/17-Convocase unha concentración nas Torres de Padín en colaboración con a AA. de Chapela, e se participa en outros eventos reivindicativos en apoio as suas reivindicacións.
- 5/12/17-Reiterase a petición, xunto con as ANPAS, unha biblioteca para Teis, no antigo Ambulatorio.
Deixa unha resposta