A Asociación Veciñal de Teis, esixe ao goberno municipal de Vigo, coñecer  o proxecto e os prazos reais para a comezo e a finalización da reforma piscina municipal de Teis.

En agosto de 2023, Abel Caballero anunciaba que se iniciaba o proceso de reconstrución da piscina municipal de Teis, sete meses despois seguimos sen coñecer o proxecto de reforma da piscina municipal.

Está piscina  xa leva pechada case 21 meses, logo do incendio ocorrido en maio de 2022, e non hai avanzos na anunciada reconstrución.

Debido a falta de capacidade de xestión do  goberno municipal ao longo deste ano 2024 tampouco estará realizada a reforma da piscina municipal de Teis.

RECUPERAR A PISCINA E CREAR UN GRAN COMPLEXO DEPORTIVO NA ETEA “ MAIS QUE AUGA”

Si a piscina da ETEA, estivera funcionando na actualidade poida perfectamente cubrir a demanda da veciñanza de Teis, que agora ten que desprazarse polas diferentes instalacións deportivas da cidade.

Desde a Asociación trasladámoslle hai meses a Abel Caballero, a necesidade de mellorar as instalacións deportivas na ETEA, que pasaría pola recuperación da piscina que se cubriu en 2017, que inclúa un spa, ademais da  construción dun amplo ximnasio con varias salas e pistas de padel.

Se o espazo actual das instalacións deportivas que xestiona o Concello de Vigo,  fora insuficiente podería utilizarse parte dos terreos lindeiros do PS6, área de usos complementarios, da ETEA.

Isto permitiría a Teis, contar cun gran complexo deportivo, crear un “ Mais que auga na ETEA “, como teñen outras parroquias e barrios, nun lugar único como a ETEA , e que permita a veciñanza realizar todo tipo de actividades deportivas ( aerobic, zumba, mantemento, etc.).