Desde a Asociación Veciñal de Teis, queremos denunciar a falta de mantemento do auditorio de Teis, pois desde hai anos presenta ( humidades, pingueiras, mal estado das paredes, etc) que son moi visíbeis nesta instalación municipal.

O maior problema desta instalación é a humidade moi presente nas paredes dos corredores e tamén no auditorio. No auditorio hai pingueiras no escenario e nas escaleiras de aceso ao mesmo. Ademais, nas paredes dos corredores e na sala de exposicións, é visíbel a falta de conservación ( fendas, tixolo descuberto).

Xa temos denunciado está situación por escrito ao Concellaría de Participación Cidadá, en varias ocasións, o último escrito o pasado 4 de marzo, pero non se toman medidas e tampouco recibimos ningunha resposta. E amosa unha deixades por parte do goberno municipal, no mantemento desta dotación municipal.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, consideramos urxente realizar unha actuación no auditorio de Teis, que inclúa a eliminación das humidades, as pingueiras, o pintado de todas as dependencias e realizar un mantemento periódico desta instalación municipal ao longo de todo o ano.