Desde a Asociación Veciñal de Teis, esiximos ao goberno municipal de Vigo, a inmediata reforma da piscina municipal de Teis  e a recuperación da piscina da ETEA.

A piscina municipal da parroquia, leva pechada máis dun ano, logo incendio ocorrido en 28 de maio de 2022.

O pasado mes de abril, a Asociación solicitou unha xuntanza co concelleiro de Deportes,  para tratar a situación da piscina e demandar ao goberno municipal o inmediato inicio das obras da reforma da piscina. Como é habitual , non houbo ningunha resposta

Esta piscina leva pechada case 14 meses, co prexuízo que isto provoca para os/as 1500 usuarios/as desta instalación deportiva (piscina e ximnasio), que agora teñen que desprazarse a outras instalacións  municipais, como Lavadores e As Travesas.

Isto unido que tamén afecta as actividades extraescolares dos centros educativos de Teis, nalgún caso están desprazados con menos prazas a outra piscina ou sen actividade extraescolar.

No ano 2017, o goberno municipal, decidiu cubrir a piscina da ETEA para destinala a pista de ximnasia, pero incluíndo un sistema que no futuro permitirá poder recuperala.

Desde a Asociación, defendemos que o momento de recuperar a piscina da ETEA, pois hai demanda en Teis e na cidade.

Si a piscina da ETEA, estivera funcionando na actualidade poida perfectamente cubrir a demanda da veciñanza de Teis, que agora ten que desprazarse polas diferentes instalacións deportivas da cidade.  

Abel Caballero, Alcalde de Vigo, xa anunciou en varias ocasións que se ía destinar un millón de euros para reparar a piscina municipal de Teis, pero a día hoxe aínda non comezaron as obras na piscina e non hai ningunha data para o inicio das mesmas.

Pasan os meses e seguimos cunha piscina pechada e outra inutilizada. Na actualidade en Teis non temos ningunha piscina.