A Asociación Veciñal de Teis, denuncia que despois dun ano de presentar as alegacións ao documento do PXOM, o Concello de Vigo, aínda non recibimos ningunha resposta nin a Asociación, nin a veciñanza que presentou alegacións. O período de exposición pública do PXOM, finalizou o 18 de xaneiro de 2022.  

O pasado 5 de outubro de 2022, diante da falta de resposta as alegacións, solicitamos unha xuntanza coa Concelleira de Urbanismo e co Xerente, para tratar sobre a tramitación das alegacións ao PXOM.

Xa neste ano o 20 de xaneiro, solicitamos novamente unha xuntanza coa Concelleira de Urbanismo. Levamos 3 meses agardando por unha xuntanza, para a cal aínda non hai ningunha data.

Desde a Asociación, vemos con preocupación a falta de transparencia e información coa tramitación do PXOM pola Concello de Vigo, pois nin deron respostas as alegacións, nin hai vontade de recibir a Asociación na actualidade. Hai algo que ocultar?

Desde a Asociación, valoramos que o PXOM, non da resposta as necesidades da parroquia e hipoteca o seu futuro.

Este PXOM, non recolle ningunha solución aos graves problemas de trafico que padece Teis, ao non figurar novas infraestruturas, tampouco recolle a conversión en tramo urbano da autoestrada AP9 de Torres de Padín até o centro, e só se limita a unha grande rotonda en Buenos Aires, que xenera oposición polo elevado afección.

No resolve os problemas de infraestruturas pero logo figuran ampliacións de rúas e camiños en zonas cunha elevada densidade de residentes, que non resolven os problemas de trafico de Teis, pero cunha forte afección para os/as veciños/as como é o caso da rúa Oliveira, camiño da Traída de Augas, camiño de Gondesende e avenida de Galiza.

Seguese insistindo no desenvolvemento de Teis, a través de Peris, Solo Urbano non consolidado (SUNC), na parroquia de Teis, figuran 16 figuras de Solo Urbano Non Consolidado (SUNC), que xa figuraron no PXOU 1993 e no PXOM 2008, polo que levan moitos anos incluídos, sen que ningún de ditos plans se desenvolveron.

Deixando a veciñanza con vivendas incluídas nestas figuras, nunha situación de incerteza sobre o futuro das mesmas e non podendo realizar ningunha obra de ampliación.

Ademais, a veciñanza afectada polos SUNC, non vai promover ningunha destas figuras e non é partidaria de deixar as súas vivendas.

Consideramos que moitas  das vivendas incluídas nos SUNC, teñen acceso público e contan cos servizos de rede municipal de abastecemento de auga, saneamento municipal, subministro eléctrico e alumeado público. Tendo en conta o seu estado de conservación e dotación de servizos existentes de moitas vivendas, debe reformularse os SUNC, cunha nova delimitación que deixen fora as parcelas con vivendas que sexan solares, para que se clasifique como Solo Urbano Consolidado.

Autoestrada AP9 acesos e trafico en Teis.

A autoestrada AP9, atravesa a parroquia de Teis é un dos principais accesos a cidade de Vigo, pero que divide a Teis.  Desde a Asociación, levamos anos reivindicando a conversión en tramo urbano da autoestrada AP9 desde “As Torres de Padín “ até o centro da cidade.

Cando falamos de converter en tramo urbano referímonos a realizar máis acesos para desconxestionar unha parte do trafico de Teis, en concreto reducir o elevado tráfico que padece a Travesía de Vigo e especialmente a rúa Sanjurjo Badía.

Polo que sempre defendemos diante dos responsábeis do Ministerio de Transportes e do Concello de Vigo a construción de novos accesos como mínimo en “Torres de Padín “ e na rúa Buenos Aires. Limitar a actuación só a rúa Buenos Aires, sería una medida insuficiente.

Este documento recolle unha proposta de acesos na rúa Buenos Aires, que inclúe unha rotonda que provocaría moita afección.

No ano 2016, presentouse unha proposta que recollía dúas rotondas e cun impacto no entorno moito menor é a Asociación, parecíanos máis apropiada.https://www.atlantico.net/articulo/vigo/vigo-reclama-cesion-ap-9-teis-centro-circunvalacion/20160317092348520278.html

Tamén estas propostas sobre os accesos na autoestrada AP9, sempre entendiamos que non son a solución definitiva aos problemas do trafico en Teis. Polo que a construción do túnel de Julian Estévez, que figuraba no anterior PXOM e que no actual non desaparece, era unha boa proposta.

A nosa sorpresa é cando comprobamos como o edificio sito na rúa Gerardo Campos Ramos, 8, líndante coa autoestrada AP9, no documento figura coa cualificación de “ Sistema Xeral de Zona Verde SX-EL-PARA 706 ZONA LIBRE SUBIDA A PONTE AP-9 ”, a executar por medio de sistema de expropiación.

Está a Asociación é a primeira que defende o aumento das zonas e espazos verdes na cidade e en Teis, pero non parece o máis lóxico expropiar un edificio para construír unha zona verde a beira da autoestrada AP9.

O PXOM, xa recolle a ampliación dos parques da Riouxa e da Guía, que parécenos propostas máis lóxicas, onde xa existente espazos verdes. Está Asociación, presentou conxuntamente coa Asociación Veciñal de Chapela, a ampliar a protección do río Pugariño, polo seu valor patrimonial e paisaxístico. Polo que debe descartarse esta proposta de zona verde na rúa Gerardo Campos Ramos.

Edificios a conservar.

Hai unha vivenda na Travesía da Oliveira, 18, que está dentro do Solo Urbano Non Consolidado (SUNC) de Doutor Corbal- Oliveira- Mariña, que ten interese arquitectónico e tamén a fachada dun edificio da rúa Julian Estevez, 68, tamén incluído no (SUNC) de Guixar- Santa Tegra.

Plans Especiais de Protección.

En Teis, figuran 6 Plans Especiais de Protección, pero que carecen de planeamento. Polo que sería necesario, incluír o planeamento de cada Plan Especial de Protección.

Asemblea veciñal polo PXOM