O vindeiro sábado 7 de febreiro ás 18h no local veciñal de Teis, osComités Abertos co apoio da Asociación Veciñal, convocamos unha asemblea aberta para falar da comunicación de Vigo co campus universitario.

Son moitas as eivas do servizo de Vitrasa, e así o indicaba a enquisa da OCU a pasada semana, que o situaba entre os peores servizos de transporte a nivel estatal. Mais sen irnos ás enquisas da OCU, ano tras ano, as estudantes facemos innumerábeis queixas a este transporte.

Neste senso, o pasado mércores 28 fixemos entrega no rexistro do Concello, de 2541 sinaturas para pedirmos unha nova liña de autobús que una o barrio de Teis coa Universidade (http://www.comitesabertos.gal/sinaturas-mellora-comunicacion-cuvi/).

Non o dubides, participa e difunde!