NOTA DE PRENSA SOBRE O CENTRO CIVICO
O CENTRO CIVICO DA MIÑOCA, É XESTIONADO POR UNHA ASOCIACIÓN, MENTRES O DE TEIS PRIVATIZOUSE.
A Asociación Veciñal de Teis, diante da inauguración do novo Centro Cívico da Miñoca, no barrio de Coia, está asociación quer manifestar o seguinte:
1. Esta infraestrutura municipal, é o quinto centro cívico da cidade, xunto os do Casco Vello, Teis, Coruxo e Saiáns.
2. Este novo centro cívico contará cunha oficina municipal de distrito e conta xa coa presenza da Asociación de Veciños da Miñoca, que desde o pasado mes de febreiro está presente neste equipamento.
3. Desde a Asociación Veciñal de Teis, queremos denunciar que mentres neste novo centro cívico se vai contar coa participación e a presenza dunha asociación veciñal. No caso do Centro Cívico de Teis, que xestionamos desde a súa posta en funcionamento no ano 2002, o pasado ano non se quixo permitir a xestión e a dinamización desde centro e se privatizou a xestión do mesmo.
4. O novo Centro Cívico da Miñoca, confirma o denunciado reiteradamente por esta asociación, que a decisión de expulsar a Asociación Veciñal de Teis, non se baseaba en ningún cuestión obxectiva, era unha represalia contra unha asociación reivindicativa e independente.
5. A realidade a día de hoxe é que privatizar a xestión do Centro Cívico de Teis, supuxo para o barrio de Teis, un empobrecemento na dinamización do mesmo, pois conta cunha menor oferta de actividades, polo simple capricho dun Alcalde intolerante, que eliminou a participación veciñal na súa xestión.
6. A Asociación a pesar dos reiterados intentos do goberno municipal de expulsarnos, aínda conta cunha oficina no centro cívico.
7. Unha vez máis asistimos a un alcalde, Abel Caballero, que goberna para favorecer aos seus e que non cre na participación veciñal.
Vigo 13 de marzo de 2015
Anxo Iglesias Covelo
Secretario da A.V. de Teis