A Asociación Veciñal de Teis, denuncia que leva máis dun ano pechado o paseo que rodea a capela da Guía. Esta decisión tomouna o Concello de Vigo, seica polo mal estado de conservación do mesmo, pero despois dun ano de tomar esta decisión, non houbo ningunha actuación .

Este paseo inaugurouse no ano 1969 e nestes anos careceu dun mínimo mantemento por parte dos diferentes gobernos municipais.

Na actualidade  a veciñanza ou os  visitantes, cando chegan ao alto da parque da Guía, atópanse con todo valado, coa beirarrúa cortada e teñen  que usar a estrada para pasar.

Desde a Asociación, esiximos ao goberno municipal a elaboración dun proxecto urxente e prazos, para acondicionar este  paseo.

Estamos a falar dun dos parques máis importantes da cidade e un referente turístico, non é aceptábel que se atope neste estado, valado desde hai  máis dun ano e se ningún dato que indique que isto vaise acondicionar  en breve.

 A ILUMINACIÓN DO PARQUE, ASEOS, AUTOBÚS TURISTICO.

En decembro de 2021, o Alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciaba o proxecto de mellora da iluminación do parque da Guía, cun investimento de 395.000 euros. Despois de 18 meses, esta actuación  tampouco aínda non se realizou.

Tamén é curioso que este parque carece dun simple aseo. Calquera visitante, con tería un simple aseo  público en todo o parque.

Un ano máis, o parque da Guía, tamén queda  esta excluído do itinerario do bus turístico. Desde a Asociación, dirixímonos en repetidas ocasións ao Concello, demandando que se inclúa o parque da Guía, pero non tivemos ningunha resposta.

POR EN VALOR O PARQUE DA GUÍA

Esta Asociación, xa non é a primeira vez que nós últimos anos denunciamos a deixades do goberno municipal en relación ao parque da Guía, arbores invasoras (eucaliptos, acacias) que impiden desfrutar dunha parte importante das vistas sobre a ría de Vigo, non hai unha cafetería, non se potencia, nin se amplía a carballeira, non hai un parque infantil, etc.

Desde a Asociación, consideramos  que o estado do paseo, a non realización da mellora da iluminación, non incluír o autobús turístico, etc.  deixa claro a falta de interese e deixades do goberno municipal, de potenciar e por en valor este gran parque.