A.V. Teis demanda a finalización das obras de Enrique Lorenzo
NOTA DE IMPRENSA
Desde fai varias semanas agardando pola colocación das arbores e os bancos
A.V. DE TEIS DEMANDA A FINALIZACIÓN DAS OBRAS
NA RÚA ENRIQUE LORENZO.
A Asociación Veciñal de Teis, demanda do Concello de Vigo a finalización das obras na rúa Enrique Lorenzo e a súa apertura, logo de case un ano de obras.
As obras nesta rúa comezaron primeiro coa mellora da rede de abastecemento de auga ao Morrazo, feita por Augas de Galicia e no verán comezou o Concello de Vigo coas obras de mellora da rúa.
Lembremos que durante as obras que realizaba o Concello de Vigo para a remodelación da rúa, a veciñanza paralizou as mesmas durante dous días do mes de agosto de 2012, até coñecer o proxecto da obra e demandar melloras na mesma, que finalmente conseguiuse, unha vez máis grazas a mobilización veciñal.
A situación actual é que logo de tanto meses de obras, a última fase foi o asfaltado desta rúa a comezos do abril xa con demora. Agora estamos desde fai varias semanas agardando pola colocación das arbores e os bancos. Que permitan dunha vez finalizar estas obras e abrir está rúa.
Desde a Asociación Veciñal de Teis, descoñecemos cal é o motivo para non rematar estas obras, neste vial tan importante no barrio de Teis.
Vigo 1 de maio de 2013
Asdo. Anxo Iglesias Covelo.
Secretario da A.V. de Teis.