Feitos Históricos

1976 

  • O 5 de marzo de 1976,  reunense os socios/as  para a formalización da constitución da Asociación de Veciños de Teis.
  • 20/7/76-Primeira asemblea no colexio Paraixal, se legalizan os estatutos e se abriron as inscripcións de socios.

1977

  • En agosto publicase o nº 0, da “A Guía”, voceiro da Asociación de Veciños de Teis.
  • Ao longo do mes de xullo, concentracións para denunciar os danos ocasionados polas obras da autoestrada AP-9, na Mouta.

1980

  • Concentracións para reivindicar un semáforo na encrucillada dos Caños.

1981

  • Reivindicación rede de saneamento para zonas do barrio.
  • Decembro inauguración do local social da asociación.

1982

  • Mobilización reivindicando saneamento  para os lugares da Trapa, Paradela, Mouta e Paraixal.

1983

  • Concentracións  na Guía en contra da  supresión da liña 10.
  • A asociación oponse a suba do billete do autobús (vitrasa).

1984

  • A asociación posicionase en contra da suba dos impostos municipais.
  • Maraton para  reivindicar a conservación da carballeira da Guía.

1985

  • Ao deste ano realizase unha forte campaña polo traslado dos depósitos da CAMPSA.

1989

  • Mobilizacións  polo saneamento e contra o trazado da tubería ao Morrazo

1993

  • Reivindicanse mediante concentracións no parque da Riouxa, dotacións para  este parque ( bancos, farolas, fontes).

1994

  • Volta a reeditarse o voceiro da asociación.
  • 4/12 Marcha contra o trazado  da autoestrada AP-9, tramo Rande- Puxeiros. Vogalía Xúvenil

1991

  • Reivindicase un novo trazado para autoestrada AP-9, no tramo Rande-Puxeiros.

1995 

  • Comezan as obras da autoestrada AP-9, no tramo Rande-Puxeiros e a desfeita do monte da Madroa.

2000 

  • 24/02. Presentación no rexistro da Autoridade Portuaria de 1.847 alegacións contra o proxecto do porto deportivo da Lagoa.
  • 26/08. Acto de limpeza da praia de Ríos, rexeitando o proxecto de ampliación do estaleiro Montenegro, que pretendía realizar un aterramento de 5.000m2 e construir naves de 25m de altura.
  • 17/07. Concentración diante da Autoridade Portuaria, para rexeitar os proxectos do porto deportivo da Lagoa e a ampliación do varadoiro Montenegro.
  • 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, concentración  na praia da Lagoa, para amosar a nosa oposición ao proxecto do porto  deportivo.
  • Organizamos unha mesa redonda sobre o proxecto do porto deportivo da Lagoa.
  • No mes de outubro esiximos a Autoridade Portuaria a retirada do proxecto de construcción do porto deportivo da Lagoa.
  • Editase o libro “O Sindicato de Agricultores de Teis” .

2001 

  • 23/01. A asociación demanda a prolongación do túnel da Madroa (AP-9), debido aos desprendementos  que se produciron ao longo do inverno. Así como a reparación  de 32 vivendas.
  • 11/04. Acto colocación cruces no falso túnel da Madroa.
  • A asociación e o organización ecologista Erva, dirixense ao Ministerio de Medio Ambiente, en contra do porto deportivo da Lagoa.
  • 5/06. Concentración  na praia da Lagoa, contra o proxecto do porto  deportivo da Lagoa.
  • A empresa estaleiros e varadoiros Montenegro, renuncia a ampliación das súas instalacións en Ríos.
  • A asociación rexeita o proxecto presentado pola empresa  “ Frioteis “, para construcción dun peirao de atraque e unha cámara frigorífica.
  • A asociación diríxese ao Ministerio de Medio Ambiente para exixir  que nos orzamentos do Estado para o ano 2002, se inclua unha partida para executar o paseo do litoral da Guía.
  • 22 de novembro, colocación dun monumento no parque, onde estaba o local do Sindicato de Agricultores de Teis (1900-1936).
  • A asociación exixe que os terreos da ETEA, sexan para uso público e non se especule cos mesmos.

2002

  • A asociación e a organización ecologista Erva, rexeitamos o proxecto de porto deportivo para a Cacharela, que inclue  474 prazas de amarre e ocupa espazos en terra. Ambas entidades denunciamos que o estudo de impacto ambiental do proxecto era un fraude.
  • 21/02. Presentación alegacións na Autoridade Portuaria contra o proxecto de porto deportivo da Cacharela.
  • 29/05. Concentración no recheo da Cacharela, en contra do proxecto do porto deprotivo, que pretende instalar 474 prazas de amarre e destinar o aterramento para un estacionamento de 140 prazas.
  • 14/07. Marcha  ciclista en defensa do litoral de Teis.
  • A asociación denuncia no xulgado a empresa  que realiza queimas no aterramento da Lagoa, a mesma que promove o porto deportivo.
  • A empresa retira o proxecto do porto deportivo da Cacharela.
  •  9/11. “ III Marcha contra as agresións a ría “, convocada pola Plataforma pola Defensa da Ría, sae desde do mercado de Teis.

2003

  • No mes de xuño realizanse varias concentracións en contra da remodelación do transporte urbano.
  • 23/06. A asociación consegue que a liña 17 do transporte urbano, se amplie e chegue até Ríos.
  • A Autoridade Portuaria, aproba  no consello de administración o proxecto do porto deportivo da Lagoa.
  • A asociación  solicita a Autoridade Portuaria a desafectación do aterramento da Cacharela e a creación dunha zona  verde.
  • Editase o libro “Memoria historica de unha parroquia do litoral (Vigo-Lavadores)”.

2004 

  • 21/08 e 28/08. Paralización do paso de camións a Lagoa.
  • 23/08 Concentración diante do Concello, para denunciar as obras ilegais da nave e un pantalán no aterramento  da Lagoa, ao carecer de lindeza municipal.
  • A Asociación Veciñal de Teis, Voces polo Litoral de Teis, Plan Comunitario de Teis e a Plataforma pola defensa da Ría de Vigo, elaboramos un documento  contra as obras ilegais do porto deportivo da Lagoa.
  • 9/12. Xuizo  de faltas contra 4 veciños/as, dous deles directivos da asociación, pola paralización do paso dos camións o 21 e 28 de agosto.

2005 

  • A asociación denuncia  a falta de vontade, interese do Concello de Vigo, en que execute o paseo do litoral da Guía.
  • 19/03? e 31/03.  Manifestacións contra o Pan Xeral de Ordenación  Urbana.
  • 26/07 concentración na praia de Ríos, contra un aterramento por parte do varadoiro Pérez Méndez.
  • A asociación esixe o peche inmediato do cortalumes da Guía e a posta a disposición destes terreos ao Ministerio de Medio Ambiente, para  que executen o proxecto do paseo do litoral da Guía.

2006 

  • 01/08 e 03/08. A asociación esixe a administración Estado a colocación dun semáforo na avenida Angel de Lema y Marina e convocase  manifestacións durante cinco meses.
  • A Asociación Veciñal de Teis ,Chapela e Trasmaño e as federacións veciñais de Vigo e Redondela, realizamos unha campaña de recollida  de sinaturas para exixir a supresión da peaxe na autoestrada AP-9 no tramo Vigo-Redondela. 21/10. Acto entrega de sinaturas recollidas.
  • A asociación apoia a concentración da veciñanza afectada polo trazado do AVE.
  • Editase o “Álbum fotográfico de Teis”

2007

  • 11/01. Acto de presentación proxecto para ETEA elaborado por Zona Franca.
  • A asociación edita dúas postais para enviar masivamente a Corina Porro, Alcaldesa de Vigo e a Cristina Naborna, Ministra de Medio Ambiente, para exixir a ambas administracións que cumpran as súas obrigas e executen dunha vez o paseo do litoral da Guía .
  • A asociación solicita ao delegado da Zona Franca a apertura das instalacións deportivas da ETEA.
  • 22/03. Concentración afectados/as polo trazado do AVE.

2008

  • 19/01, 16/02 e 9/05. Concentracións diante da entrada da ETEA, reivindicando o uso público destes terreos, oposición ao porto deportivo e a recuperación das instalacións deportivas.
  • 22/04. Concentración na Alcadía veciñanza afectada polo trazado do AVE.
  • 2/05. Manifestación da veciñanza afectada polo trazado do AVE.
  • 27 de decembro inauguración monolito na Guía, ao represaliados do barrio na dictadura fascista.

2009

  • A asociación solicita unha xuntanza co Alcalde, para tratar sobre o futuro das instalacións deportivas da ETEA.
  • A asociación solicita que a Zona Franca se faga cargo da reparación na súa totalidade das instalacións deportivas da ETEA.
  • 28/07. A asociación e os clube deportivo A Guía, Clube Fútbol Teis, en rolda de imprensa exiximos a reparación de tódalas instalacións deportivas da ETEA.
  • A asociación acusa a Corina Porro, presidenta da Autoridade Portuaria de intentar legalizar as naves ilegais da Lagoa e exiximos o derrube das mesmas.
  • Editase o libro de fotos “Apuntes historicos e fotografias da ETEA”.

2010

  • Solicitamos ao Concello coñecer o proxecto de reforma das instalacións deportivas da ETEA.
  • 8/07. Denunciamos as deficiencias dos parque da Guía e a Riouxa, presentando un dossier e exiximos a elaboración dun plano de mellora destes espazos verdes.
  • Denunciamos en setembro a falta de mantemento do paseo do litoral da Guía, que inaugurouse o pasado 19 de xuño.
  •  Solicitamos a recuperación da praia de Ríos, a través do proxecto de pasarela ecolóxica no borde do litoral desde A Guía.
  • 17/9/10-Organizase no C. Civico unha conferencia dos sindicatos para explicar as razons da folga xeral do día 29.
  • 13/10.Rolda de imprensa dos colectivos de Teis, denunciamos os incumprimentos da Xunta de Galiza e o Concello  de Vigo, sobre os usos e o futuro da ETEA.

2011

  • Reclamamos a execución do “Plan Teis” xa que varias actuacións quedaron sen realizar.
  • Reclamamos o cambio das tubaxes da Avda de Galicia.
  • Se fixo a solicitude de un parque en Pedro Alvarado.
  • Solicitudes de arranxo das instalacións deportivas da ETEA.
  • Solicitamos a reposición da marquesiña no obispado, recollida de augas en Boan-Castañal, puntos de luz en Oliveira, limpeza do paseo da Guia…etc.
  • 11/9/2011-Se celebran os 35 anos da fundación desta Asociación, na Festa Veciñal con a visualización do video “35 anos ao servizo do barrio”
  • Se edita o segundo libro de fotos Teis II.

2012

  • Enviase escrito o Concello solicitando unha visita as instalacións deportivas e seguimos reivindicando a apertura das instalacións da ETEA.
  • 01/05/12 Charla coloquio “os recortes na sanidade publica” no Centro Cívico.
  • 30/06/12 Celebrase a Asemblea xeral ordinaria do ano en curso.
  • Reclamación de mais liñas de autobuses.
  • Se edita o vídeo “35 anos ao servizo do barrio” e se reparte entre os socios.
  • Apoyo as reclamacións dos veciños de Enrique Lorenzo, polas obras de humanización.
  • Comenzan as discrepancias con o alcalde polo Centro Cívico.
  • 27/07/12 Acto de reivindicación no na zona verde do Centro Cívico.
  • 04/09/12 Declaración nos medios tras o ataque do alcalde Abel Caballero na prensa da cidade.
  • 23/09/12 VII Festa Veciñal de Teis, xantar no Instituto da Guia e actividades no Centro Cívico.
  • 11/11/12 Seguimos denunciando as continuas roturas de tubaxes, presentase escrito no rexistro do Concello solicitando unha xuntanza urxente con o Concelleiro David Regades.
  • 19/11/12 Faise unha asemblea informativa cos veciños para analizar a situación das rúas e as roturas.
  • Pedimos a apertura do Cívico de Ríos e que sexa xestionado por a Asociacion Cultural do Salvador.
  • 15/12/12 Organizase por sexto ano consecutivo o ciclo “Galiza e o medio ambiente” no Centro Cívico.
  • 23/12/12 Programa de actividades para Nadal no Centro Cívico os días 26, 27 e 28 con contos, títeres visita do carteiro Real, Maxia cómica e Obradoiros de Nadal.

2013

  • 24/01/13 Convocanse obradoiros de entroido para nen@s de 4 a 12 anos.
  • 12/02/13 Salese a prensa para denunciar que as instalacións da ETEA seguen pechadas e o Centro Socio Comunitario de Rios tamen, dende a sua inauguración o 3/2011.
  • 16/02/13 Anuncianse os cursos de ocio, formación e cociña no Centro Civico para o mes de Marzo. Cociña actual, Repostería creativa, e cociña marroquí, para maiores, infantil e xuveniles.
  • 18/02/13 Visita guiada da Favec por Teis recordando a súa historia. En colaboración con a Favec tamen se informa os veciños sobre temas sociais familia, muller, mocidade…etc.
  • 07/03/13 Editase novo libro de fotografía antiga “Albun fotográfico de Teis II” con a colaboración de Antonio Duran “Morris”.
  • 07/03/13 Charla sobre a orixe do 8 de marzo en colaboración con a marcha Mundial das Mulleres
  • Reclamacions sobre antenas de telefonía e carteis de publicidade.
  • Se solicita a canalización do regato do Pingue a Augas de Galicia.
  • 07/03/13 Reclamación o Concello de arranxo dos nichos do cemiterio de Teis, que se inclinaron por filtracións do regato lateral, os afectados reunidos en asemblea na asociación rechazan abonar a reparación como pedía o Concello.
  • 11/03/13 Continuan as roturas de tubaxes e se funde a rúa Boan.
  • Petición de beirarúas en Foxos.
  • 13/03/13 O Concello cambia de opinión e asume o arranxo dos nichos. Solicitase explicacións sobre o arranxo. Xa non e so noticia local, xa sae en todos os informativos nacionales.

2014

  • Se interrumpe a rolda de prensa do Alcalde,  Abel Caballero, en protesta por non contemplar os orzamentos partida para a xestión do Centro Cívico.
  • O concello expulsa a AA. Veciñal do Centro Cívico.
  • A AA. Veciñal decide querellarse contra o Sr. Alcalde, por inxurias, chega a decir na prensa que nos quedamos cos cartos destinados a xestión do Centro Civico.
  • Se reclaman mais parques infantis.

2015

  • 2/4/15-Os Veciños de Teis paralizan as obras de Alonso Ojeda.
  • 8/5/15-Se denuncia o total abandono da pista deportiva das Coutadas.
  • 8/9/15-Por primeira vez celebrase a Festa Veciñal na plaza da ETEA.
  • 22/9/15-Se denuncian novas roturas no suministro de Augas.
  • 1/12/15-Presentase unha alegación os orzamentos para solicitar varias melloras para o barrio.
  • 29/12/15-Denunciase o incumprimento do Plan Aqualia.

2016

  • 16/5/16-Renovase a directiva da Asociación.
  • 2/6/16- Nos posicionamos en contra do uso residencial da ETEA.
  • 19/6/16-Se recollen firmas para esixir o mantemento das instalacións da ETEA.
  • 29/6/16-Nos concentramos na ETEA.
  • 12/7/16-Se reclama unha mellor conexión de Vitrasa con o H. Alvaro Cunqueiro.
  • 15/11/16- Se recollen 3654 firmas para reivindicar melloras no transporte o Hospital.
  • 22/11/16 – Manifestación dos veciños de Teis para reclamar un autobús dende Teis a o Álvaro Cunqueiro.

2017

  • 8/2/17-Xuntanza con o Sr. Lopez Chaves para falar do Campus do Mar na ETEA.
  • 9/3/17-Reiterase a petición o Ministerio de Fomento para que a AP-9 sexa via urbán ata as Torres de Padín.
  • 24/6/17-Faise a Fogueira de San Xoan en Espiñeiro.
  • 17/7/17-Embarcase por primeira vez xente para o viaxe a Cies dende o embarcadeiro da ETEA.
  • 17/9/17-Festa Veciñal na ETEA.
  • 16/11/17-Convocase unha concentración nas Torres de Padín en colaboración con a AA. de Chapela, e se participa en outros eventos reivindicativos en apoio as suas reivindicacións.
  • 5/12/17-Reiterase a petición, xunto con as ANPAS, unha biblioteca para Teis, no antigo Ambulatorio.

2018

  • 29/09/18 – Manifestación conxunta con Chapela para pedir a supresión do peaxe de Rande.
  • 05/10/18 – Se denuncia a falta de vontade política para eliminar a peaxe de Rande. Se advirte que os novos accesos solo, dende Bos Aires, serán insuficientes, reclamando que se fagan tamén dende Padín.
  • 20/11/18 – Se consigue o compromiso da Xunta para a instalación  dun semáforo na Avda de Galicia.

2019

  • 23/02/19 – Nova manifestación con Chapela, polo peaxe de Rande.
  • 14/07/19 – A Asociación Veciñal de Teis alerta a o concello do mal estado da Baixada a Lagoa e esixe o seu arranxo.

2020

  • 20/01/20 – Veciños de Teis e Chapela fan unha reclamación conxunta o novo goberno, para que suprima o peaxe de Rande “xa”, con unha carta dirixida o ministro Jose Luís Abalos.
  • 19/05/20 – A Asociación Veciñal se queixa po lo estado de deterioro dos espazos públicos na ETEA, tanto do parque publico como do paseo marítimo. Enviouse unha queixa o Concello e a Xunta por o abandono, a vexetación e as papeleiras que non se valeiran.
  • 28/10/20 – Nova concentración na praza do Rei por os pasos da Xorxa e a Trapa.
  • 20/11/20 – Concentración diante da subdelegación do Goberno en Vigo para denunciar a falta de mantemento das pontes.
  • 09/12/20 – Asociación Veciñal presenta varias reclamacións en relación a modificación orzamentaria aprobada po lo pleno e pide a mellora do saneamento e mais beirarrúas.
  • 13/12/20 – Veciños de Teis se concentran na rúa Bos Aires, para esixir a instalación de pantallas ante ruído e a mellora dos pasos da Xorxa e a Trapa.
  • 31/12/20 – A. V. Teis reclama a mellora dos pasos elevados da Xorxa e a Trapa, diante do Concello o non permitir o alcalde intervir no pleno.

2021

  • 20/01/21 – A Asociación non comparte a opinión do alcalde e considera a Etea o mellor emprazamento para unha residencia de maiores.
  • 06/05/21 – Se reclama información xunto con as ANPAS sobre o proxecto da biblioteca e que non se trate so de unha “sala de lectura”.
  • 10/05/21 – A Asociación sae a prensa denunciando a improvisación nos plans da Xunta para a Etea e reclama que de comezo a construción da residencia e que se inclúa un Centro de Día.
  • 14/06/21 – Se reclama o Concello e a Xunta, aseos públicos na ETEA.
  • 23/07/21 – Solicitase que o Bus Turístico inclúa o parque da Guía no seu traxecto.
  • 05/08/21 – A Asociación reclama a limpeza e mantemento do parque da Riouxa e o alcalde sae a prensa dicindo que está en boas condicións, pero os seguintes días estiveron os operarios traballando e arranxando o abandono.
  • 31/08/21 – Reivindicación de novo de unha instalación de aseos públicos na ETEA.
  • 07/09/21 – A Asociación reúnese con o PP para a falar da exposición do Plan Xeral.
  • 22/10/21 – O barrio de Teis sae a rúa, convocados po las Asociacións e as ANPAS, para reclamar unha biblioteca “real” para o barrio.
  • 11/11/21 – A Asociación sae a prensa, considerando discriminatoria a publicación no BOE do proxecto de construción de pantallas acústicas, xa que non se construirá ningunha en Teis.
  • 14/11/21 – En unha xuntanza con a delegada da Xunta, Marta Fernández Tapias se demandan melloras no parque da Etea, aseos e medidas contra o desprendemento de pedras.
  • 16/11/21 – Se realiza concentración na vía verde a altura das Coutadas para reclamar a ampliación da rúa Robleda.
  • 19/11/21 – Se solicita a Urbanismo unha oficina de información sobre o PXOM en Teis.
  • 21/12/21 – A semana pasada presentáronse alegacións a os orzamentos do Concello, reclamando seis novas partidas para a mellora do EDAR de Teis, a mellora do saneamento na Rúa Arnela, un plan de beirarrúas en Teis, plan de asfaltado e a mellora do acceso as vivendas do Grupo San Pablo.
  • 30/12/21 – Se reivindica a construción de beirarrúas en toda a rúa de Foxos, xa que as obras rematáronas na 1ª Travesía.

2022

  • 7/01/22 – Se remite escrito a Ministra de Transporte para seguir demandando unha solución para a contaminación acústica e os pasos elevados da Trapa e Xorxa.
  • 10/01/22 – Reunión con a delegada da Xunta, Marta Fernández Tapias para falar da humanización da Avda de Galicia.
  • 17/01/22 – Denunciase a prensa que se comezan a facer unhas obras para habilitar unha zona de aparcamento na autoestrada, entre as dúas pontes da Trapa e a Xorxa pero continúan sen arranxar as deficiencias de ditas pontes nin as pantallas acústicas.
  • 18/01/22 – A Asociación Veciñal presentou alegacións a o PXOM, xa que considera que non da resposta as necesidades de Teis.
  1. Non mellora nin aporta solucións os problemas de trafico.
  2. Non inclúe a conversión da Autoestrada AP-9.
  3. Limitase a incluír unha gran rotonda na rúa Bos Aires, provocando moita afección as propiedades e ocasionará un maior colapso do vial.
  4. Preténdense ampliar rúas e camiños con unha elevada edificación de vivendas, sen xustificar o trafico de ditas rúas.
  5. Contempla dezaseis figuras de solo urbano non consolidado que xa estaban no plan do 93 e do 2008 e seguen sen desenvolvemento, deixando de novo a veciñanza outros 25 anos con as súas propiedades afectadas e infra-valoradas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio