A Asociación Veciñal de Teis, organiza este vindeiro sábado 12 de setembro, na praza da ETEA, a XIX Festa Veciñal de Teis.
Este será o noveno ano que organizamos este evento na praza da ETEA, cun obxectivo de reivindicar a recuperación dos terreos da ETEA para a veciñanza de Teis. Ademais, demostrar o potencial que ten este espazo para a celebración de eventos.
Este é un ano moi importante para a Asociación Veciñal de Teis, pois facemos 50 anos da fundación da Asociación ( 1976-2016), unha das Asociacións máis antigas e activas da cidade.
Polo que a festa veciñal de Teis deste ano, servirá tamén para conmemorar o 50 aniversario da fundación da Asociación.
Ao longo desta xornada contamos cun amplo programa de actividades para a veciñanza de Teis ( moita música, xantar veciñal e animación para os nenos/as).
Un clásico da festa veciñal e o xantar que celebramos na propia praza, para pasar unha xornada de convivencia de confraternidade entre a veciñanza.
Aqueles veciños/as interesados/as poden anotarse no local da Asociación polas tardes, até este venres 11 de setembro.
Xornal “ A Guía”
A Asociación coincidindo coa celebración da festa veciñal, editamos anualmente o voceiro “ A Guía”, xornal de 24 páxinas e cunha tiraxe de 5000 exemplares, que recolle as actividades da Asociación e as reivindicacións e necesidades de Teis. Este ano dedicámoslle un amplo espazo a historia da Asociación ao cumprir 50 anos. Está publicación editase desde agosto de 1977, tivo diferentes formatos e periodicidade. Desde hai 10 anos editase anualmente en formato xornal no mes de setembro.
SÁBADO 12 DE SETEMBRO
- 12:30 h. Actuación banda de música Candean.
- 14:30 h. Xantar veciñal.
- 17:00 h. Charanga.
- 18:00 h. Exhibición de zumba.
- 18:30 h. Festa escuma.
- 20:00 h. Grupo folk “ Os Carunchos”.
