A.V. DE TEIS, TRASLADA A AUTORIDADE PORTUARÍA DE VIGO, A NECESIDADE DE RECUPERAR A LAGOA E RESOLVER O PROBLEMA DO RUIDO.

Unha representación da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, mantivo na tarde do pasado luns unha xuntanza coa  Autoridade Portuaria de Vigo (APV), coa presenza do presidente Carlos Botana e o director Rubén Marín, entre outros responsábeis da APV.

Nesta xuntanza entre ambas entidades, tratáronse asuntos que afectan a veciñanza de Teis ( A Cacharela, o impacto do ruído e a recuperación dos terreos de  A Lagoa).

Cacharela.

O pasado verán finalizaron as obras que se realizaron nunha concesión do porto  na Cacharela, ao carón da praia da Arealonga, que permitiron recuperar un espazo para a veciñanza coa creación dunha praza pública con vistas a ría.

Está actuación foi unha proposta da Asociación Veciñal  de Teis, que se lle trasladou en varias xuntanzas celebradas ao longo do ano 2024, a Autoridade Portuaria de Vigo.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, logo desta actuación, consideramos necesario seguir actuando neste parte do litoral de Teis. A Autoridade Portuaria de Vigo, avanzou que está  elaborando un proxecto para humanizar o camiño que comunica as praias da Arealonga e o Mende, que esta realizado no verán de 2027.

O impacto do ruído.

Desde hai anos a veciñanza que vive no entorno de Guixar, o ruído provocado pola  actividade portuaria e especialmente o movemento dos contedores. O pasado ano a APV, comprometeuse a elaborar un estudo do ruído que seica está finalizado e onde se recollen medidas para reducir o impacto  

Desde a Asociación Veciñal de Teis, solicitamos unha copia deste estudo e que se celebre unha xuntanza entre a veciñanza e a APV, para  que se escoite a veciñanza afectada e que medidas se van tomar para eliminar estas molestias. A APV, comprometeuse a enviar o estudo e a celebrar unha xuntanza coa veciñanza      

A recuperación da Lagoa.

A Asociación Veciñal de Teis, considera fundamental recuperar os terreos da Lagoa, que agora están ocupados  na súa maioría pola empresa Regenasa, e que finaliza a súa concesión en decembro 2027.

Nas alegacións presentadas pola Asociación en outubro de 2024,  ao documento Delimitación de Espazos e Usos Portuarios, xa solicitamos  que os terreos ocupados actualmente pola concesión de Regenasa e por  Freiremar,   pasen a ter o uso de interacción porto cidade.

Scroll ao inicio