A A.V. DE TEIS, APOIA AS MOBILIZACIÓNS DO IES TEIS  CONTRA OS RECORTES DA XUNTA.



Desde a Asociación Veciñal queremos amosar toda a nosa solidariedade e apoio á comunidade educativa do IES de Teis nas súas mobilizacións semanais.

A  última concentración celebrouse este pasado martes no IES  de Teis, onde participou  unha representación da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis.

 
O motivo das concentracións é que a Consellaría de Educación eliminou, sen previo aviso, as horas que o profesorado dedicaba ao mantemento informático. Esta falta de soporte técnico constitúe un grave recorte na calidade do ensino público xa que prexudica directamente a actividade lectiva diaria e incide no desenvolvemento normal das clases.

As súas reivindicacións son lexítimas e xustas polo que nos unimos ás mesmas e convidamos a toda a veciñanza a apoiar activamente estas mobilizacións.

A Asociación Veciñal de Teis  quere manifestar publicamente o seu compromiso coa defensa dun ensino público, galego e de calidade, para o noso barrio.

Scroll ao inicio