AS OBRAS DO “ ADIF “  PROVOCAN GRAVES MOLESTIAS A VECIÑANZA DE TEIS.

A Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar as graves molestias que desde hai meses padece a veciñanza que reside no entorno da vía do tren en Teis, debido as obras de mellora da vía que realiza “ Adif “.

As molestias prodúcense especialmente polas noites durante toda a madrugada, cando se realizan gran parte dos traballos, impedindo que a veciñanza que vive no entorno da vía do tren, poida durmir.

Esta situación prodúcese desde hai meses, durante moitas noites, sen que por parte de Adif, se tome ningunha medida. 

Estas obras tamén provocaron danos nalgunhas vivendas, que están a moi escasos metros da vía.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, dirixímonos hai varios meses por escrito a Adif, denunciando os problemas provocados por estas obras, pero sen ofrecernos ningunha solución.        

Por último, desde a Asociación Veciñal de Teis, esiximos a Adif, que tome medidas para permitir que a veciñanza poida durmir nas súas vivendas e que se faga cargo de todos os danos provocados polas obras.

Scroll ao inicio