A ASOCIACIÓN , CONSEGUE RECUPERAR UN ESPAZO DO LITORAL PARA A VECIÑANZA, NA CACHARELA.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, en varias xuntanzas celebradas ao longo do ano 2024 coa Autoridade Portuaria de Vigo, trasladámoslle a necesidade de recuperar unha concesión destinada a restaurante na Cacharela, que desde hai anos se atopaba abandonada. A Autoridade Portuaria de Vigo, estudou a nosa proposta e acordou crear unha praza e pública con vistas á ría. Está actuación despois de bastantes meses de obras finalizou a pasada semana. O logro desta obra, foi grazas e a iniciativa da Asociación e conséguese un miradoiro sobre a ría e un espazo de lecer para veciñanza.

Scroll ao inicio