A Asociación Veciñal de Teis, organiza este venres 29 de maio ás 19:30 horas, no local da Asociación, a charla: A problemática da vivenda en Vigo e como facerlle fronte “.
Nesta chala participarán representantes de colectivos da plataforma Alianza pola Vivenda Vigo, en concreto das asociacións Os Ninguén, Emaus e da Asociación Veciñal de Teis.
Este acto forma parte da campaña da Alianza pola Vivenda de Vigo, para presentar a campaña “ Vigo polo dereito a Teito”, que se desenvolve desde hai varias semanas, con actos polos barrios e parroquias de Vigo.
A Asociación Veciñal de Teis, forma parte da Alianza pola Vivenda de Vigo, pois unha das necesidades máis importantes para a veciñanza é o problema da vivenda.
Desde a Asociación Veciñal de Teis, consideramos necesario que as administracións tomen medidas, fronte a grave ao problema da falta de vivenda e dos elevados prezos do aluguer.
