Teis recaba apoios para seguir coa xestión do Centro Cívico

Asamblea Asociación Veciñal de Teis

A deputada autonómica Eva Solla (AGE),  a presidenta da Federación Veciñal e o presidente da Asociación Val do Fragoso acudiron onte a respaldar a Asociación Veciñal de Teis na súa intención de continuar coa xestión veciñal do centro Cívico e evitar a súa privatización.  Nas súas intervencións destacaron a importancia do movemento veciñal vigués, que agora atópase en serio perigo e en especial a traxectoria da Asocación Veciñal de Teis e o seu traballo durante os case 40 anos que leva en funcionamento con todo tipo de gobernos. A A.V. Teis é unha das mais antigas da cidade de Vigo.

Scroll ao inicio