X Campamento Asociación Veciñal de Teis na ETEA

Campamento de verán na Asociación Veciñal de Teis
Décimo aniversario dos campamentos da Asociación Veciñal de Teis na área recreativa da ETEA.

O campamento dispón da súa propia páxina web www.campamentodeveran.com 

 

 

Quen o organiza?

A Asociación Veciñal de Teis en colaboración coa Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia organiza esta actividade para ofrecer aos rapaces de Vigo entre os 4 e os 12 anos de idade a posibilidade de disfrutar do verán nun entorno agradable, facendo amigos/as e realizando actividades deportivas, artísticas e lúdicas.

Cal é o programa de actividades?

O programa de actividades do campamento esta dirixido a neos/as entre os 4 e os 12 anos de idade. A programación  inclúe fútbol, baloncesto, patinaxe, teatro, maxia, xogos, ximcanas e moitas outras. O programa do campamento pode consultarse na páxina denominada actividades.

Cómo se organiza?

Os nenos/as participantes divídense en grupos de idades similares cun máximo de 15 rapaces por grupo e cada grupo conta cun especialista titulado con ampla experiencia en campamentos ademais de un/dous monitores en prácticas que actúan como auxiliares.

Cales son as medidas de seguridade?

Os grupos sepárense en zonas independentes para desenvolver as actividades e estan permanentemente acompañados por un monitor/a especializado/a e un auxiliar. Ademais a área recreativa esta acotada e existe dous coordinadores/as para vixilar e supervisar todas as actividades.

A Asociación conta cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes.

Onde se realiza?

As actividades do Campamento de Verán desenvólvense na Área Recreativa da ETEA onde contamos coa autorización oficial da Xunta de Galicia para o uso destes espazos.

Canto costa? 

O custo xeral é de 50 euros para a quenda de 15 días. Pode consultar os detalles na páxina de inscrición. Para as inscrcións de mais de unha quenda pode fraccionarse o prazo en dúas mensualidades.

Onde podo obter mais información? 

Na oficiña da Asociación Veciñal no Centro Cívico de Teis, donde tamén se realiza a inscrición.

Tamén atenderémoslle no teléfono 986 26 60 45, na páxina de facebook: www.facebook.com/AVTEIS ou na web da Asociación www.avteis.org

Cal é o prazo de inscrición?

O prazo de inscrición é do 11 de abril ao 15 de xuño pero as prazas se reservan por riguroso orde de inscrición.

A reserva de praza pode realizarse aboando o 50% do custo total da inscrición.

Scroll ao inicio