A Asociación Veciñal de Teis e de Chapela, realizamos dúas concentracións en Pontevedra, está mañá na demarcación de estradas do Ministerio de Transportes e na Subdelegación do Goberno.
Con estás concentracións, queremos esixir do Ministerio de Transportes e do goberno central solucións as reivindicacións sobre a autoestrada AP-9, unha data para a supresión da peaxe do tramo Redondela-Vigo, conversión da autoestrada en tramo urbano desde Padín, instalacións de pantallas contra o ruído, mellora dos pasos elevados da Xorxa e da Trapa, obras da adenda en Chapela).
Non nós cremos ningún anuncio, o que queremos é a desaparición das cabinas da peaxe en Rande e que permitir utilizar estes tramo sen pagar por parte da veciñanza.
Xa houbo anuncios que non se cumpriron, o Ministro de Fomento, Íñigo de la Senra, anunciando que en xullo de 2018 está peaxe estaría suprimida e aínda estamos agardando a día hoxe.
No pasado mes de abril, o Ministro de Transportes, José Luís Abalos, anunciaba unha data para a supresión da peaxe, daquela manifestamos que non entendiamos porque había que agardar até o mes de xullo, cando nós orzamentos do Estado de 2021, figura xa unha partida para destinar o pago da peaxe deste tramo da autoestrada. Polo que reivindicamos que a peaxe se suprima de xeito inmediato.
As demandas veciñais sobre a autoestrada AP9, non se limitan só a supresión da peaxe. Queremos lembrar a importancia é a necesidade de que a supresión desta peaxe, supoña tamén a conversión da autoestrada en tramo urbano desde Padín (Teis) ate o centro da cidade, con acesos, o que permitiría reducir o elevado tráfico que padece Teis e Chapela, especialmente nas rúas Sanjurjo Badía, na Travesía de Vigo en Teis e na avenida de Vigo e na avenida de Redondela en Chapela.
Non menos importante son as medidas contra contaminación acústica, coa instalación de pantallas, debido a elevado ruído que padece a veciñanza que vive no entorno da autoestrada AP9.
Logo levamos dous anos reivindicando a mellora dos pasos elevados da autoestrada en Teis, en concreto nos camiños da Xorxa e da Trapa, debido a súa falta de mantemento e impedir a incomunicación deste lugares de Teis, como pretende o Ministerio de Transportes.
Tamén está pendentes as obras de humanización na parroquia de Chapela, provocadas pola última ampliación da autoestrada AP9, as cales están aprobadas na adenda.
Por último, desde a A.V. de Teis e Chapela, tentamos solicitar unha xuntanza coa Subdelegada do Goberno e se nós remite a realizar unha solicitude por escrito, pero a ambas Asociacións solicitamos por escrito o pasado mes de abril, unha xuntanza co Delegado do Goberno en Galiza e antes co Demarcación de Estradas e aínda estamos agardando hoxe.