A.V. DE TEIS E DE CHAPELA, CONVOCAN UNHA CONCENTRACIÓN NA SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO, POLA AUTOESTRADA AP-9.

A Asociación Veciñal de Teis e de Chapela, como xa anunciamos a pasada semana voltamos as mobilizacións en relación as reivindicacións sobre a autoestrada AP-9 e convocamos unha concentración en Pontevedra, este vindeiro luns 21 de xuño ás 11:00 horas, diante da demarcación de estradas e ás 12:00 horas, diante da Subdelegación do Goberno.

A decisión de voltar as mobilizacións tomouse logo da falta dunha data real para supresión da peaxe do tramo Redondela-Vigo e a da falta de solucións a outras reivindicacións sobre a autoestrada AP-9, ( conversión en tramo urbano desde Padín, instalacións de pantallas contra o ruído, mellora dos pasos elevados da Xorxa e da Trapa, obras da adenda en Chapela).

Non nós cremos ningún anuncio, o que queremos é a desaparición das cabinas da peaxe en Rande e que permitir utilizar estes tramo sen pagar por parte da veciñanza.

Xa houbo anuncios que non se cumpriron, o Ministro de Fomento, Íñigo de la Senra, anunciando que en xullo de 2018 está peaxe estaría suprimida e aínda estamos agardando a día hoxe.

No pasado mes de abril, o Ministro de Transportes, José Luís Abalos, anunciaba unha data para a supresión da peaxe, daquela manifestamos que non entendiamos porque había que agardar até o mes de xullo, cando nós orzamentos do Estado de 2021, figura xa unha partida para destinar o pago da peaxe deste tramo da autoestrada. Polo que reivindicamos que a peaxe se suprima de xeito inmediato.

As demandas veciñais sobre a autoestrada AP9, non se limitan só a supresión da peaxe. Queremos lembrar a importancia é a necesidade de que a supresión desta peaxe, supoña tamén a conversión da autoestrada en tramo urbano desde Padín (Teis) ate o centro da cidade, con acesos, o que permitiría reducir o elevado tráfico que padece Teis e Chapela, especialmente nas rúas Sanjurjo Badía, na Travesía de Vigo en Teis e na avenida de Vigo e na avenida de Redondela en Chapela.

Non menos importante son as medidas contra contaminación acústica, coa instalación de pantallas, debido a elevado ruído que padece a veciñanza que vive no entorno da autoestrada AP9.

Logo levamos dous anos reivindicando a mellora dos pasos elevados da autoestrada en Teis, en concreto nos camiños da Xorxa e da Trapa, debido a súa falta de mantemento e impedir a incomunicación deste lugares de Teis, como pretende o Ministerio de Transportes.

Tamén está pendentes as obras de humanización na parroquia de Chapela, provocadas pola última ampliación da autoestrada AP9, as cales están aprobadas na adenda.

Por último, desde a A.V. de Teis e Chapela, facemos un chamamento a participar nesta concentración en Pontevedra, para esixir solucións as demandas de ambas parroquias sobre a a autoestrada AP-9.

Scroll ao inicio