A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse con sendos escritos a comezos deste mes de xuño ,ao Alcalde de Vigo e a Directora Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar, do Ministerio para a Transición Ecolóxica, para esixir a ambas administracións unha actuación para mellorar a praia de Punta e o seu entorno.
A praia de A Punta, é o areal máis importante con que conta o barrio de Teis. Ademais, a praia esta en contacto co paseo marítimo e co parque público da ETEA, polo que é un dos lugares de lecer máis importantes da cidade nos meses de verán, independente da súa falta de mantemento e de dotacións.
A praia de A Punta, presenta varias deficiencias xa denunciadas pola Asociación diante das diferentes administracións, a rampla de acceso esta afundida, o mal estado da torre de vixilancia, o paseo marítimo esta sen firme en moitos tramos, etc.
Este areal ten un problema espazo, pois queda moi reducido o areal cando a marea esta alta, o que provoca que a veciñanza téñase que colocar no entorno.
Desde esta Asociación, propoñemos que para gañar espazo, se acondicione unha superficie entre o paseo marítimo e o parque público. Na actualidade este espazo esta descoidado, cun terreo irregular e con vexetación.
Ademais, poderíase acondicionar o peirao lindeiro coa praia. Este peirao xa o utiliza a veciñanza, aínda estando no estado actual. Esta proposta trasladouse ao servizo provincial de Costas de Pontevedra, hai mais de dous anos.
Tamén é necesario acondicionar ou desmontar a torre de vixilancia existente, ao supor un perigo pois está moi deteriorada, pois xa houbo algúns desprendementos de pezas metálicas.
Esta Asociación é favorábel a construír o espigón que permita recuperar area na praia de A Punta, pero coa realización previa de estudos técnicos que avalen esta proposta. Non estamos dispostos a unha nova barbaridade como a decisión de depositar areal en agosto de 2010, que foi un absoluto fracaso e dilapidar diñeiro público.
O acordo histórico entre Costas e o Concello de Vigo de 2019
O 30 de xaneiro de 2019, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciaba un “acordo histórico “, co departamento provincial de Costas, para avanzar en cinco proxectos que recuperen a fachada marítima da cidade, incluíndo entre estas actuacións a praia da Punta,despois de dous anos deste acordo, non houbo ningunha actuación nesta praia.
Unha vez máis estamos diante de anuncios e fotos, que logo non se concretan en nada. É urxente mellorar os espazos e o entorno da praia de A Punta,como vimos reivindicando desde fai anos as diferentes administracións implicadas. Non é aceptábel o actual estado da praia, que ademais figura como unha praia coa distinción da bandeira azul.