O DOMINGO 4 DE XULLO EXCURSIÓN A CÍES, DESDE A ETEA.

.

A Asociación Veciñal de Teis, organiza como nós últimos anos, este vindeiro domingo 4 de xullo, unha excursión para veciñanza de Teis, para ir as illas Cíes.

O barco partirá por quinto ano consecutivo desde o peirao da ETEA, logo do éxito destes anos. O embarque será a partir das 10:15 horas e regresara das illas ás 20:30 horas, para desembarcar na ETEA. O barco xa esta completo e son 250 veciños/asos que realizarán esta excursión.

A decisión de saír do peirao ETEA, evita que a veciñanza teña que ir coller ao barco a estación marítima de ría, permite pode usar un peirao en bo estado de conservación e amosa as potencialidades dos terreos da ETEA e gozar da viaxe desde Teis.

Esta asociación conseguiu unha autorización puntual para usar o peirao da ETEA.

Saída desde o peirao da ETEA 2017
Scroll ao inicio