A VECIÑANZA ENVÍA PENICOS, AO PRESIDENTE DA XUNTA E O ALCALDE DE VIGO, PARA RECLAMAR UNS ASEOS E DENUNCIAR O ABANDONO DA ETEA.

Esta mañá unha representación da xunta directiva da Asociación, xunto coa veciñanza de Teis, concrentamonos diante da oficina de correos de Teis, para enviar por correos sendos paquetes cun penico e unha carta ao presidente da Xunta de Galiza e o Alcalde Vigo, para denunciar o abandono dos terreos da ETEA e reclamar uns aseos

Adeamis da colocación dusn aseos esiximos a construción da residencia pública para maiores, adecentamento dos viaís e recuperación dos espazos libres ( peirao, paseo litoral, parque público,…)

Nos meses de xullo e agosto, xa convocamos unha concentración e unha manifestación nos terreos da ETEA e imos convocar unha nova manifestación en setembro.

Desde a saída dos militares no outono 2002, pasaron xa case 20 anos e seguimos sen a recuperación deste espazo para a veciñanza de Teis.

Non a desafectación

A Asociación, quer manifestar a nosa posición contraria a desafectación dos terreos da ETEA, nos ambitos PS1 (viais) e PS4 (zona deportiva), para que volten ao Consorcio da Zona Franca de Vigo, a solución pasa por pagar a cantidade acordada no seu día ou negociar un novo acordo entre as tres administracións ( Concello,Xunta e Consorcio) implicadas na ETEA.

Aseos

A falta dun simples aseos é un exemplo moi claro do desleixo e o  abandono dos terreos da ETEA, por parte da Xunta de Galiza e do Concello Vigo.

En toda a superficie da ETEA, non hai ningún aseo público aberto, debido a gran afluencia da veciñanza sobre todo no verán, este servizo convértese nunha necesidade.

A Xunta de Galiza, podería destinar o edificio que ocupaba a antiga panadaría, dentro do parque público, se destine para cafetaría con aseos públicos. Outro emprazamento podería ser o pequeno edificio ao carón da pista de skate, tamén no parque público.

Nestes dous edificios xa estaba previsto no proxecto da construción do parque público ano 2012, destinalos un para a cafetaría e outro para aseos públicos e vestiarios, que logo nunca se realizaron.

Ao Concello de Vigo, podería no quiosco que se instala todos os verán no peirao, incluír uns aseos públicos ou instalar uns aseos permanentes nalgunha das construcións existentes no peirao.

Todas as propostas da Asociación, son viábeis o único que debe existir é vontade política, de actuar nos terreos da ETEA, para dotar de servizos a veciñanza que acode a estes terreos.

Adecentamento de viaís e recuperación de espazos

Os espazos ( parque público, paseo e peirao) carecen dun mantemento axeitado, non hai papeleiras en todo o peirao, as pistas deportivas do parque presentan deficiencias. Estamos pendentes desde hai meses da realización do proxecto de adecentemento do viaís da ETEA, obra fundamental para o desenvolvemento deste terreos.

Residencia para maiores

A Asociación desde hai anos demandamos a construción dunha residencia pública nos terreos da ETEA, debido a demanda social existente na cidade de Vigo  de prazas para residencias para maiores. Segundo diferentes fontes o 79% das residencias e o 60% dos centros de día son de titularidade privada.

Entre outubro e decembro de 2021, realizáronse nos terreos da ETEA os traballos de demolición dos edificios actualmente en desuso: o cuartel de mariñeiría Méndez Núñez e o cuartel de alumnos José Luís Díaz, para liberar estes terreos para construción deste residencia.

Despois de varios meses da finalización destes traballos de demolición e cos terreos xa liberados, aínda non comezaron as obras para construción desta residencia para persoas maiores.

A Asociación denuncia que por parte da Xunta anunciouse en marzo de 2017 a construción dunha residencia para maiores nos terreos da ETEA, despois de seis anos aínda non se colocou, nin a primeira pedra.

Scroll ao inicio