Na tarde de onte coñecíamos o falecemento de Antonio Collazo Collazo, quen fora presidente da Asociación Veciñal de Teis, ao longo dos últimos 15 anos.
Desde a xunta directiva queremos trasladarlle o noso máis sentido pénsame a familia de de Antonio Collazo.
Na asemblea da Asociación celebrada o pasado 29 de abril, para elixir a nova xunta directiva para o período 2022-2025, xa comunicara a súa decisión persoal de non continuar.
Foi un home entregado co Asociación Veciñal de Teis, tendo adicado máis de 23 anos da súa vida de xeito desinteresado a Asociación. Pola súa longa traxectoria e implicación era un dos referentes do movemento veciñal de Vigo.
Sempre foi unha persoa de ideas de esquerda e comprometido co seu pobo, pois ademais de implicarse co movemento veciñal, participara tamén no movemento sindical.
Tamén debemos destacar a súa faceta humana: honesto, comprometido, solidario, dialogante. Que se facía querer por calquera persoa que o coñecía. Un home de ben.
Sentíase profundamente orgulloso de ser Teis e que traballou arreo pola veciñanza de Teis. Nunca te esqueceremos e sempre estarás na nosa memoria.