A ASOCIACIÓN DENUNCIA, QUE EN 2024, TAMPOUCO ESTARÁ A REFORMA DA PISCINA MUNICIPAL DE TEIS.

A Asociación Veciñal de Teis, denuncia que xa leva pechada 19 meses a piscina municipal de Teis, logo do incendio ocorrido en maio de 2022, e non hai avanzos na anunciada reconstrución.

En agosto de 2023, Abel Caballero anunciaba que se iniciaba o proceso de reconstrución da piscina municipal de Teis, cinco meses despois seguimos sen avanzos, pois aínda non se comezou a redacción do proxecto de reforma da piscina municipal.

Si o goberno municipal non considera este proxecto unha prioridade e se pon a traballar, ao longo deste ano 2024 tampouco estará realizada a reforma da piscina municipal de Teis.

Si a piscina da ETEA, estivera funcionando na actualidade poida perfectamente cubrir a demanda da veciñanza de Teis, que agora ten que desprazarse polas diferentes instalacións deportivas da cidade.

En Teis, tiña dúas piscinas, agora non conta con ningunha e debido a mala xestión do goberno municipal, non imos a ter en funcionamento ningunha das dúas piscinas coas que contabamos en Teis.

Crear un gran complexo deportivo na ETEA, “ Máis que auga ”.

No último escrito, a Abel Caballero, Alcalde de Vigo, trasladámoslle a necesidade de mellorar as instalacións deportivas na ETEA, que pasaría pola recuperación da piscina que se cubriu en 2017, que inclúa un spa, a construción dun amplo ximnasio con varias salas e pistas de padel.

Se o espazo actual das instalacións deportivas que xestiona o Concello de Vigo,  fora insuficiente podería utilizarse parte dos terreos lindeiros do PS6, área de usos complementarios, da ETEA.

Isto permitiría a Teis, contar cun gran complexo deportivo, crear un “ Mais que auga na ETEA “, como teñen outras parroquias e barrios, nun lugar único como a ETEA , e que permita a veciñanza realizar todo tipo de actividades deportivas ( aerobic, zumba, mantemento, etc.).

Desde a Asociación, consideramos que só a mobilización veciñal, poderá permitir recuperar a piscina municipal de Teis en 2024 e contar en Teis cunhas boas instalacións deportivas.

Polo que a Asociación Veciñal de Teis, convoca unha nova manifestación este vindeiro domingo 28 de xaneiro ás 12:00 horas, desde a rúa Coutadas, diante da piscina municipal de Teis.

Scroll ao inicio