CHARLA ” ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS “, VENRES 26 DE XANEIRO ÁS 19:00 H, NO LOCAL DA ASOCIACIÓN.

   

A Asociación Veciñal de Teis e a Asociación de familiares  de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galiza (Afaga Alzheimer), organizamos unha charla este venres 26 de xaneiro ás 19:00 horas, no local da Asociación, baixo o titulo: Alzheimer e outras demencias: que son e factores de prevención”.

Esta charla será impartida por Patricia Aparicio, educadora social de Afaga. Na charla centrarémonos en informar a veciñanza de Teis sobre os seguintes contidos: o envellecemento normal versus envellecemento patolóxico, o idadismo, introdución ao Alzheimer e outras demencias: que son ,tipos e diagnóstico, hábitos saudábeis para previr o deterioro cognitivo, aproximación a sintomatoloxía das demencias e as súas consecuencias, e como apoiar a unha persoas con demencia e aos seus familiares.

Scroll ao inicio