A ASOCIACIÓN, DEMANDA UN PLAN DE MELLORA PARA OS PARQUES DA RIOUXA E DA GUÍA.

A Asociación Veciñal de Teis, demanda un plan de mellora para os parques da Guía e da Riouxa, por un importen de  500.000 euros.

Polo que a Asociación presentou unha alegación, para que se inclúa unha nova partida de 500.000 euros, na última modificación orzamentaria aprobada inicialmente o  pasado mes de agosto, e que estivo en período de exposición pública.

Que estudada a documentación da aprobación inicial da modificación orzamentaria,  observamos que non figura ningunha partida que recolla a mellora dos parques da Riouxa e da Guía, nin ningunha actuación en Teis.

Parque da Riouxa

Hai máis dun ano que unha parte do paseo de pérgolas esta valado por seguridade, debido as deficiencias na estrutura, pero logo de tanto meses,  aínda non se tomou ningunha medida para reparar o paseo.

Na década dos anos 90 realizouse a ampliación da baixada a Rotea, collendo terreos do parque, pero quedou pendente de rematar unha parte do muro que rodea o parque. Este muro leva sen finalizarse mais de 30 anos.

Desde fai anos vimos denunciando que os parques infantís existentes en Teis, son insuficientes para atender as necesidades das familias do barrio.

No caso do parque infantil na Riouxa, é moi pequeno, hai espazo para súa ampliación, e así poder a contar cun grande parque infantil en condicións, como hai por exemplo no parque de Castrelos, no  Castro ou na parroquia de Chapela. 

Parque da Guía 

O paseo da capela da Guía, leva pechado desde hai dous anos. Esta decisión tomouse seica polo mal estado de conservación do mesmo, pero despois dous anos de tomar esta decisión, non houbo ningunha actuación. 

Este paseo inaugurouse no ano 1969 e nestes anos careceu dun mínimo mantemento por parte dos diferentes gobernos municipais. 

Na actualidade a veciñanza ou os visitantes, cando chegan ao entorno da capela do parque da Guía, atópanse con todo valado, coa beirarrúa cortada e teñen que usar a estrada para pasar. 

Estamos a falar dun dos parques máis importantes da cidade e un referente turístico, non é aceptábel que se atope neste estado, valado desde hai máis de dous anos e se ningún dato que indique que isto vaise acondicionar en breve.

Un dos grandes parques da cidade carece dun simple aseo. Calquera visitante, con tería un simple aseo público en todo o parque. Un ano máis, o parque da Guía, tamén quedou esta excluído do itinerario do bus turístico. 

As catas arqueolóxicas realizadas a comezo deste ano, deixaron a constancia por vez primeira de restos arqueolóxicos importantes no parque da Guía. 

Desde a Asociación, consideramos importante realizar unha escavación e a posibilidade de conserva estes restos para o desfrute da veciñanza e ser un atractivo máis do parque da Guía. 

Por en valor os parques da Guía e da Riouxa

Esta Asociación, xa non é a primeira vez que nós últimos meses e anos denunciamos a deixades do goberno municipal en relación aos parques da Riouxa e da Guía.

Desde a Asociación, consideramos urxente un plan de mellora das dotacións e servizos dos parques da Riouxa e da Guía, para por en valor estes grandes parques da cidade de Vigo.

Scroll ao inicio