TEIS, SEGUE SEN BIBLIOTECA ,DESPOIS DE ANUNCIARSE HAI 10 ANOS.

.

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito a pasada semana  a Abel Caballero, Alcalde Vigo, para esixir a construción da biblioteca de Teis, tan demandada desde hai anos pola veciñanza de Teis.

A Asociación Veciñal de Teis, coincidindo coa celebración  do día das bibliotecas, o pasado 24 de outubro, quer lembrarlle ao goberno municipal de Vigo, que Teis segue sen biblioteca, despois de anunciarse hai 10 anos a súa construción, por parte de Abel Caballero.    

A nosa cidade conta cun escaso número de bibliotecas, a última foi a biblioteca “ Xosé Neira Vilas “, no Calvario, inaugurada en 2011, e desde aquela non se construíu ningunha biblioteca máis en Vigo.

Defendemos que a biblioteca de Teis, sexa  unha dotación cultural do século XXI, que conte con libros, e non se limite a unha simple sala de lectura, como se pretende desde o  goberno municipal.

Despois de tantos anos queremos avanzos reais na construción da biblioteca de Teis, pois até o de agora, nestes 10 anos, houbo moitos anuncios máis de 20, infografías, pero ningún avanzo real.

A día hoxe  aínda non se derrubou o edificio actual, paso previo necesario para a construción da nova biblioteca e faltando dous meses para finalizar 2024, no orzamento municipal figuran 600.000 euros e aínda non se gastou nin un só euro, nesta dotación cultural.    

Desde a Asociación Veciñal de Teis. esiximos a Abel Caballero, Alcalde de Vigo, coñecer o proxecto definitivo que garanta unha biblioteca para Teis, unha data para o derrubo do actual edificio e  para o comezo das obras da nova biblioteca.

Por, último, queremos denunciar unha vez máis o abandono de Teis, por parte do goberno municipal, pois seguimos agardando ,pola biblioteca desde hai 10 anos, a piscina municipal pechada desde hai 2 anos, o abandono da ETEA, a mellora dos parques da Guía e da Riouxa, a fabrica de pinturas, etc. Xa chega de anuncios, promesas e infografías, queremos feitos. 

Scroll ao inicio