TEIS, CELEBRA A FOGUEIRA DE SAN XOÁN, NO PASEO MARITIMO DA ETEA.

A Asociación Veciñal de Teis, este ano por vez primeira  celebra a tradicional fogueira de San Xoán, no entorno do paseo marítimo da ETEA.

Desde a xunta directiva, valoramos  trasladar a fogueira aos terreos da ETEA, ao ser  un lugar  máis apropiado para realizar eventos,  ao contar con máis espazo  e un entorno privilexiado, a  beira da ría de Vigo.

Como  é tradicional nesta celebración contaremos coas sardiñas asadas con pan de millo, pan con chourizo, tortillas e bebidas, para poder desfrutar desta noite máxica.

Ademais, haberá música coas actuacións, do grupo  “ La Patrulla “ , no quiosco da ETEA,  o grupo “ La Buena Vida “ e actuación  especial do pallaso Peter Punk.

Desde a Asociación queremos agradecer a colaboración para esta actividade  do Quiosco da ETEA.

Scroll ao inicio