A ASOCIACIÓN, DENUNCIA O ABANDONO DE TEIS, POR PARTE DO GOBERNO MUNICIPAL DE VIGO.

A Asociación Veciñal de Teis, o pasado xoves dirixiuse por carta a Abel Caballero, Alcalde de Vigo, para trasladarlle o noso malestar, pola falta de resposta do goberno municipal de Vigo, as necesidades da parroquia de Teis.

Algunhas das necesidades de Teis son vellas reivindicacións, como dotar a Teis, dunha biblioteca anunciada hai 10 anos por Abel Caballero.

Levamos 2 anos coa piscina municipal pechada logo do incendio de maio de 2022 e aínda non hai unha data para o comezo da obra, logo da anunciada reconstrución.

No caso dos terreos da ETEA, é urxente mellorar o mantemento dos espazos da beiramar ( paseo marítimo e peirao), avanzar na urbanización dos viais ou mellorar as instalacións deportivas na ETEA, coa recuperación da piscina.

Teis, conta con dous grandes parques “ A Guía “ e “ A Riouxa” , pero que presentan grandes deficiencias, polo que é necesario un plan de posta en valor destes parques.

Tamén unha necesidade canda vez maior é a falta de estacionamento en Teis, polo que hai que abordar a necesidade da construción dun estacionamento soterrado.

Todas estas demandas e outras xa foron trasladas pola Asociación, ao Concello de Vigo, pero até o de agora non foron resoltas por parte do goberno municipal.

Scroll ao inicio