PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL EN TEIS “ ALTRI : A SEDE INSOSTIBEL”, VENRES 29 DE NOVEMBRO ÁS 19:00H, NO LOCAL DA ASOCIACIÓN.

A Asociación Veciñal de Teis, organiza a presentación do documental “ Altri: a sede insostíbel”, este venres 29 de novembro ás 19:00 horas , no local da Asociación.

Este proxecto audiovisual elaborado polo “ O Salto “ e Xarda, trata sobre como unha multinacional portuguesa pretende destruír recursos naturais e sociais no corazón de Galiza, coa creación dunha pasteira dez veces máis grande que ENCE.  Despois da proxección, contaremos coa intervención de Cristóbal López, de Ecoloxistas en acción Galiza, que afondara no impacto negativo desta celulosa.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, queremos agradecer a colaboración de Ecoloxistas en acción e  “ O Salto Diario “.

Scroll ao inicio