A Asociación Veciñal de Teis, mantivo a pasada semana unha xuntanza co presidente e o director da Autoridade Portuaria de Vigo, onde tratamos varios temas que afectan a parroquia de Teis, destacando as alegacións ao documento de delimitación de espazos e usos portuarios DEUP, que estivo en período de exposición pública até o pasado 31/10/2024 e as molestias provocadas polos contedores a veciñanza residente en Guixar.
Alegacións a DEUP: A Lagoa e as praias a desafectar
En relación ao DEUP, consideramos prioritario que se recolla que os terreos no espazo da Lagoa ( entre as praias de A Lagoa e A Manquiña), teñan como uso o vinculado a interacción porto cidade, como primeiro paso, para converter este espazo a beira do mar, unha zona de esparcemento de Teis.
Nestes terreos na actualidade só hai unha única concesión, que se adica a almacén e a deposito de materiais, que remata a finais de 2027 e que non precisa estar en terreos portuario, para desenvolver a súa actividade. O espazo indicado tampouco ten funcionalidade ou idoneidade técnica para actividade portuaria.
Este espazo está en contacto con varias praias do litoral de Teis (A Lagoa, A Manquiña e A Fabrica), usadas pola veciñanza. O paseo do borde litoral da Guía, remata na propia praia da Lagoa e o porto deportivo da Lagoa, está nesta zona.
Na actualidade a zona da Lagoa, aínda coas limitacións existentes, utilizase pola veciñanza para pasear, practicar deporte e achegarse ao litoral de Teis.
O que sorprende e que no anterior plan de delimitación de espazos e usos portuarios ( DEUP) do porto de Vigo, publicado o 6 de maio de 2015, figuraba: os terreos ocupados actualmente polas concesións outorgadas a Regenasa e a Freiremar, terían como uso o vinculado a interacción porto cidade. Hai 9 anos figuraba e agora ten outro uso.
Na actualidade nos terreos portuarios aínda hai varias praias da parroquia de Teis ( Ríos, Mende e Suacasa). Que utilidade é necesidade ten manter para a Autoridade Portuaria de Vigo, estás praias?
Desde a Asociación Veciñal de Teis, consideramos que non parece lóxico manter estas praia dentro dos terreos portuarios, polo que demandamos que dentro dos terreos a desafectar pola Autoridade Portuaria de Vigo, sexan incluídas todas as praias de Teis. Temos que lembrar que no ano 2006, as praias de “A Lagoa “ e “ Espiñeiro “ (A Manquiña), foron desafectadas, algo que valoramos daquela como algo necesario.
Molestias contedores Guixar
Desde hai meses a veciñanza de Guixar, padece as molestias do movemento dos contedores na zona portuaria, tanto de día como de noite. O ruído provocado polo movemento de contedores e das maquinas e constante e chega até as vivendas, agravándose polas noites.
Está situación trasladóuselles hai varios meses desde a Asociación e a propia veciñanza, por escrito a Autoridade Portuaria. Nesta xuntanza co presidente e co director da APV, volveuse a denunciar está situación e demandando solucións.