O PXOM, NON DA RESPOSTA AS NECESIDADES E HIPOTECA O FUTURO DE TEIS.

A Asociación Veciñal de Teis, está semana  presentou alegacións ao PXOM, antes da finalización do período de exposición pública. 

Desde a Asociación, consideramos que o PXOM, non da resposta as necesidades de Teis, para a mellorar os problemas de trafico ao non figurar ningunha alternativa, segue sen incluír a conversión da autoestrada AP9 en tramo desde Padín até o centro da cidade e limitase a incluír unha gran rotonda en Buenos Aires, que provocaría moita afección  incluíndo un edificio de vivendas.  Porén,  pretendese realizar ampliacións de rúas e camiños innecesarias  cunha elevada construción de vivendas.           

Tamén séguese, apostando polo desenvolvemento das  figuras do solo urbano non consolidado, tamén denominados PERIS, en Teis temos 16. A experiencia dos anteriores plans demostrou que non desenvolven, pero hipotecan as vivendas que están nestas plans, ao non poder realizar ampliacións e estar pendentes do futuro das mesmas.  

Ampliación de rúas e camiños.

O PXOM inclúe a ampliación da rúa Oliveira, camiño da Traída de Augas, camiño de Gondesende e avenida de Galiza.

O ancho actual deste vías ( rúa Oliveira, camiño da Traída de Augas, camiño Gondesende), cumpre co seu fin xa que pola tipoloxía de vivenda que se prevé no PXOM, existiría a mesma densidade de vehículos que na actualidade. Ademais, estamos a falar de vías locais de carácter secundario e de escaso trafico.

Calquera ampliación destas rúas e camiños, tería unha elevada afección entre a veciñanza. O principal problema nesta rúa e que non ten saída  e evitar o fondo de saco, problema  que este PXOM non soluciona.

Na avenida de Galiza, tamén figura unha nova alineación no tramo desde a altura da Subida a Ponte até as vivendas sociais. Cando neste tramo hai unha elevada construción na súa maioría edificios. Está avenida é competencia da Xunta de Galiza, que non prevé ningunha ampliación de vial. 

Solo Urbano non consolidado (SUNC).

Na parroquia de Teis, figuran 16 figuras de Solo Urbano Non Consolidado (SUNC), que xa figuraron no PXOU 1993 e no PXOM 2008, polo que levan moitos anos incluídos, sen que ningún de ditos plans se desenvolveron.

Deixando a veciñanza con vivendas incluídas nestas figuras, nunha situación de incerteza sobre o futuro das mesmas e non podendo realizar ningunha obra de ampliación.

Ademais, a veciñanza afectada polos SUNC, non vai promover ningunha destas figuras e non é partidaria de deixar as súas vivendas.

Consideramos que moitas  das vivendas incluídas nos SUNC, teñen acceso público  e contan cos servizos de rede municipal de abastecemento de auga, saneamento municipal, subministro eléctrico e alumeado público. Tendo en conta o seu estado de conservación e dotación de servizos existentes de moitas vivendas, debe reformularse os SUNC, cunha nova delimitación que deixen fora as parcelas con vivendas que sexan solares, para que se clasifique como Solo Urbano Consolidado. 

Autoestrada AP9 acesos e trafico en Teis.

A autoestrada AP9, atravesa a parroquia de Teis é un dos principais accesos a cidade de Vigo, pero que divide a Teis.  Desde a Asociación, levamos anos reivindicando a conversión en tramo  urbano da autoestrada AP9 desde “As Torres de Padín “ até o centro da cidade.

Polo que sempre defendemos diante dos responsábeis do Ministerio de Transportes e do Concello de Vigo a construción de novos accesos como mínimo  en  “Torres de Padín “ e na rúa Buenos Aires. Limitar a actuación só a rúa Buenos Aires, sería una medida insuficiente.

Este documento recolle unha proposta de acesos na rúa Buenos Aires,  que inclúe unha rotonda que provocaría moita afección.

No ano 2016, presentouse unha proposta que recollía dúas rotondas e cun impacto no entorno moito menor é a Asociación, parecíanos máis  apropiada.https://www.atlantico.net/articulo/vigo/vigo-reclama-cesion-ap-9-teis-centro-circunvalacion/20160317092348520278.html

Tamén estas propostas sobre os accesos na autoestrada AP9, sempre entendiamos que non son a solución definitiva aos problemas do trafico en Teis. Polo que a construción do túnel de Julian Estévez, que figuraba no anterior PXOM e que no actual non desaparece.

A nosa sorpresa é cando comprobamos como o edificio sito na rúa Gerardo Campos Ramos, 8, líndante coa autoestrada AP9, no documento figura coa cualificación de “ Sistema Xeral de Zona Verde SX-EL-PARA 706 ZONA LIBRE SUBIDA A PONTE AP-9 ”, a executar por medio de sistema de expropiación.

O PXOM, xa recolle a ampliación dos parques da Riouxa e da Guía, que parécenos propostas máis lóxicas, onde xa existente espazos verdes.

Plans Especiais de Protección.

En Teis, figuran 6 Plans Especiais de Protección, pero que carecen de  planeamento. Polo que sería necesario, incluír o planeamento de cada Plan Especial de Protección.

Desde a Asociación , temos constancia que ademais  das alegacións da Asociación, foron moitas as alegacións presentadas pola veciñanza, de xeito individual ou como colectivos. 

Xuntanza da comisión veciñal do PXOM, co xerente de urbanismo e co director do equipo redactor do PXOM.
Scroll ao inicio