NON IMOS ACEPTAR QUE SE CONTINUE CASTIGÁNDONOS CUNS PASOS ELEVADOS INSEGUROS E COA CONTAMINACIÓN ACÚSTICA DA AUTOESTRADA AP9.

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito en decembro de 2021, a Raquel Sánchez Jiménez, Ministra de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, para reivindicar solucións algunhas das demandas máis urxentes sobre a autoestrada AP9, que afectan a Teis, como a necesidade da instalación de pantallas contra o ruído e a mellora dos pasos elevados sobre os camiños da Xorxa e A Trapa.

O pasado venres recibimos unha carta en resposta ao noso escrito por parte do Director Xeral de Estradas do Ministerio de Transportes.

En relación a demanda da instalación de pantallas acústicas entre Teis e o centro da cidade, novamente non hai ningún compromiso concreto e cita que figura como unha actuación que figura no Plan de Acción contra o ruído de 2016, algo que xa sabemos e lembra que houbo unha renovación do pavimento para reducir a contaminación

Desde a Asociación consideramos insuficiente, para reducir a contaminación acústica a renovación do asfalto da AP9 e que debe completarse coa instalación das pantallas acústicas. É moi grave e incomprensíbel que o Ministerio, siga sen concreta ningún prazo para realizar está actuación na autoestrada AP9.

En relación a mellora dos pasos elevados da Xorxa e da Trapa, segue insistindo en son pasos peonís, non para pasos de vehículos, aínda que estes pasos pasen turismos desde hai mais 40 anos. Ademais, que o Concello de Vigo, debe tomar medidas para evitar o tránsito de vehículos ou que a veciñanza debe usar o pasos superior da avenida Buenos Aires, para o paso de vehículos.

A resposta do Ministerio, sobre os pasos elevados da Xorxa e da Trapa, indica que non saben do que falan e fan unha resposta sen molestarse en coñecer a demanda veciñal, pois calquera que se achegue a estes pasos elevados pode comprobar que poden pasar vehículos e peóns.

Desde a Asociación, só pedimos que se melloren uns pasos elevados, que esta en uso da posta en funcionamento da autoestrada AP9 en 1979 e que repoñían os viais anteriores. Non pedimos que se constrúan uns novos pasos. É tan difícil , mellorar uns pasos elevados pola falta de mantemento. Que tipo de responsábeis políticos están neste Ministerio de Transporte. Que reiteradamente ignoran as nosas xustas demandas, ou que lles das igual o pase en Teis ou en Vigo.

Desde a Asociación, non imos permitir que se pretenda incomunicar a veciñanza que viven no entorno dos camiños da Trapa e da Xorxa e limitar a comunicación entre a parroquia de Teis.

Logo desta resposta, preguntámonos que xestións fixo o goberno municipal e Abel Caballero, Alcalde de Vigo, que tantas reúnese con responsábeis do Ministerio de Transportes e que supoñemos falaría sobre as demandas veciñais sobre a autoestrada AP9, pero podemos comprobar que as súas xestións son nulas e inexistentes. Abel Caballero, vai defender a veciñanza ou pórse de parte do goberno central.

A Asociación diante desta reposta impresentábel do Ministerio de Transporte, non quedar calada nin parada e convoca a veciñanza a unha asemblea este vindeiro martes 1 de marzo ás 19:30 horas, no local da Asociación.

A autoestrada AP9 dividiu Teis, causando graves problemas á veciñanza que aínda padecemos a día de hoxe, o que non imos aceptar que se continúecastigándonos, cuns pasos elevados inseguros e coa contaminación acústica.

Scroll ao inicio