A Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar que hai máis de 2 anos ( decembro 2022) do derrube dunha parte do muro das instalacións de Naturgy e do afundimento da beirarrúa na rúa Cantabria ( Teis).
Ademais, nesta mesma rúa hai varios afundimentos, que están sinalizados hai máis de 3 semanas, pero que segue pendente dunha reparación.
Desde a Asociación, dirixímonos por escrito tanto a Concellaría de Fomento e de Urbanismo, para demandar do Concello de Vigo, unha actuación urxente nesta rúa.
O mais escandaloso e que despois de 2 anos, seguimos agardando pola reconstrución dun muro e dunha beirarrúa, xusto na rúa principal de aceso ao colexio público Frian.
Desde a Asociación, tamén consideramos que o Concello de Vigo, no caso do derrube do muro e da beirarrúa, terá que esixir a Naturgy responsabilidades e a reconstrución.

