A Asociación Veciñal de Teis, organiza este vindeiro o sábado 13 de setembro “ Teis Fest” na praza da ETEA.
Este é o oitavo ano que realizamos a festa na praza da ETEA, con varios obxectivos, que sexa unha xornada de convivencia entre a veciñanza, darlle uso e por en valor os terreos da antiga ETEA, que durante moitos anos até o 2002, estivo prohibido o aceso da veciñanza aos mesmos ao ser unhas instalacións militares.
A festa veciñal terá un amplo programa de actividades ao longo da xornada do sábado, que inclúe un xantar veciñal, concertos, animación infantil e festa da escuma, bar, etc.
Xantar veciñal
Unha das actividades máis importantes na festa, é o xantar veciñal que será ás 14:00 horas, para participar hai que anotarse previamente no local da Asociación.
Este ano vaise elaborar na propia festa, empanada, churrasco, sobremesa, bebidas e café. O prezo é de 25 euros para socios/as e 30 euros non socios/as.
A posta pola música local.
Desde a Asociación, apostamos pola música coa actuación da banda música UVCD Candean e 3 grupos: “ Francisco Castro ”, grupo folk “ Os Carunchos “ e o grupo “ Va de Retro “.
Animación infantil e festa da escuma.
Durante a tarde do sábado haberá animación infantil e a festa da escuma a partir das 18:30 horas, a cargo de Barafunda.
Programa sábado 13 de setembro.
- 12:30 h. Banda de actuación UVCD Candean.
- 14:30 h. Xantar veciñal.
- 18:00 h. Exhibición de zumba.
- 19:00 h. Actuación “ Francisco Castro “.
- 22:00 h. Grupo folk “ Os Carunchos”.
- 24:00 h. Va de Retro.
