ESTE VINDEIRO FINAL DE SEMANA, A FESTA VECIÑAL NA PRAZA DA ETEA.

A Asociación Veciñal de Teis, organiza este vindeiro final de semana, o sábado 14 e o domingo 15 de setembro a “ Teis Fest” na praza da ETEA.   

Este é o sétimo ano que realizamos a festa na praza da ETEA, con varios obxectivos, que sexan unha xornada de convivencia entre a veciñanza,  darlle uso e por en valor os terreos da antiga ETEA, que durante moitos anos até o 2002, estivo prohibido o aceso da veciñanza aos mesmos ao ser unhas instalacións militares. Desde que celebraremos a festa na ETEA, a asistencia da veciñanza medra ano a ano.

A festa veciñal terá un amplo programa  de actividades  ao longo da xornada do sábado e que ampliamos o domingo, que inclúe un xantar veciñal, concertos, atraccións infantís, festa da escuma, bar, etc.

Xantar veciñal

Unha das actividades máis importantes na festa, é o xantar veciñal que será o sábado 14 ás 14:00 horas, para participar hai que anotarse previamente no local da Asociación, con data limite este xoves 12.  

Este ano vaise elaborar na propia festa carne o caldeiro, ademais de empanada, sobremesa, bebidas e café. O prezo é de 25 euros para socios/as e 30 euros non socios/as.

A posta pola música local.

Desde a Asociación, apostamos pola música  local e de feito das 4 actuacións,   3  son grupos de Vigo: “ O Faro da Guía, “  Sonido de Teis “  e  “ Sun Iou “  

Atraccións infantís e a festa da escuma.

Durante todo o final de semana haberá actuacións infantís na praza da ETEA a prezos reducido ( 3 euros) e o domingo ás 18:00 h, a festa da escuma.

14 de setembro

  • 12:30 h. Exhibición Zumba.
  • 14:00 h. Xantar veciñal.
  • 18:00 h. Grupo “ O Faro da Guía”
  • 20:00 h. Sonido de Teis.
  • 21:30 h.  Sun Iou.
  • 23:00 h.  Tecor Societario

15 de setembro

  • 18:00 h. Festa da escuma.
Scroll ao inicio