ESIXIMOS MELLORAS NO PARQUE DA RIOUXA

A Asociación Veciñal de Teis, esixe do goberno municipal de Vigo, melloras no parque da Riouxa, un dos grandes parques da cidade.

Hai máis dun ano que unha parte do paseo de pérgolas esta valado por seguridade, debido as deficiencias na estrutura, pero logo de tanto meses,  aínda non se tomou ningunha medida para reparar o paseo.

Como xa temos denunciado noutras ocasións é necesario un xardineiro diariamente neste parque, como houbo hai moito os anos. Non é suficiente que cada moitos meses veñan unicamente a cortar a herba.         

Na década dos anos 90 realizouse a ampliación da baixada a Rotea, collendo terreos do parque, pero quedou pendente de rematar unha parte do muro que rodea o parque. Este muro leva sen finalizarse mais de 30 anos.

Desde fai anos vimos denunciando que os parques infantís existentes en Teis, son insuficientes para atender as necesidades das familias do barrio.

No caso do parque infantil na Riouxa, é moi pequeno, hai espazo para súa ampliación, e así poder a contar cun grande parque infantil en condicións, como hai por exemplo no parque de Castrelos, no  Castro ou na parroquia de Chapela.

A Riouxa, é un dos grandes parques da cidade, cunha superficie 60 hectáreas, pero necesita melloras, pois é un espazo descoñecido e desaproveitado pola deixades municipal.

POR EN VALOR OS PARQUES DA RIOUXA E DA GUÍA

Hai unhas semanas denunciabamos a deixades en relación ao parque da Guía e  o que hai que engadir o parque da Riouxa, dous grandes parques da cidade de Vigo, pero que carecen dos servizos e do mantemento necesarios.

Desde a Asociación, consideramos urxente unha actuación do goberno municipal, un plan urxente para por en valor ( mellora do mantemento, servizos, dotacións) de  ambos parques de Teis.

Scroll ao inicio