A piscina municipal da parroquia, leva pechada 15 meses, logo do incendio ocorrido o 28 de maio de 2022. Isto provoca para os/as 1500 usuarios/as desta instalación deportiva (piscina e ximnasio), que agora teñen que desprazarse a outras instalacións municipais, como Lavadores e As Travesas.
Tamén afecta as actividades extraescolares dos centros educativos de Teis, nalgún caso están desprazados con menos prazas a outra piscina ou sen actividade extraescolar.
Desde a Asociación, o pasado mes de agosto dirixímonos por escrito ao Abel Caballero, Alcalde de Vigo, solicitando unha xuntanza urxente, para tratar sobre a situación creada pola falta de piscina en Teis.
No mes de abril, solicitamos unha xuntanza co concelleiro de Deportes, para tratar sobre a situación da piscina municipal, pero como é habitual, non houbo ningunha resposta, nin solución.
No ano 2017, o goberno municipal decidiu cubrir a piscina da ETEA, para destinala a pista de ximnasia, pero incluíndo a posibilidade que futuro se houbera demanda recuperala.
Si a piscina da ETEA, estivera funcionando na actualidade poida perfectamente cubrir a demanda da veciñanza de Teis, que agora ten que desprazarse polas diferentes instalacións deportivas da cidade.
No mes de agosto xunta de goberno, acordou comezar o proceso para a contratación do servizo de redacción do proxecto para a mellora da piscina municipal de Teis, que vai levar varios meses só a redacción do proxecto.
Isto, supón que a piscina non vai estar en funcionamento antes de 2025. Como é posíbel que despois de 15 meses, aínda non haxa nin un proxecto aprobado para a reforma da piscina? Non é aceptábel, que teñamos que estar sen piscina ate 2025.
Desde a Asociación, reclamamos a recuperación inmediata da piscina da ETEA e que a maior brevidade se poña en funcionamento a piscina municipal de Teis.