A RECUPERACIÓN DA ETEA SEGUE BLOQUEADA, POLA PARALIZACIÓN DO PS1.

Unha representación da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, mantivo onte, unha xuntanza con Manuel Joaquin Reigosa, reitor da Universidade de Vigo.

Esta xuntanza produciuse pola solicitude previa desta Asociación, para tratar sobre a situación do traslado da Universidade a ETEA, e coñecer o estado da rehabilitación do edificio “Faraday “ e  do edificio  “ Siemens “.

O reitor afirmou a representación da Asociación, que o proxecto de rehabilitación do edificio “ Faraday “, está condicionado  ao desenvolvemento do plan sectorial PS1.

Ademais, a Universidade está pendente da  cesión do edificio “ Siemens” por parte do Consorcio da Zona Franca  e coa Xunta de Galiza saber cal será o destino do edificio “ Morse “, pois tamén teñen interese neste edificio. Os tres atópanse na praza da ETEA e son edificios a conservar.

A Asociación Veciñal de Teis, denuncia que na actualidade a   paralización da recuperación da ETEA, segue pendente do desenvolvemento do plan sectorial PS1, que suporía a urbanización dos viais e da praza da ETEA, e permitiría poder comezar  por exemplo a as obras no edificio Faraday ou a construción da residencia de maiores.

A Asociación demanda que o Concello de Vigo, poña a disposición os terreos da ETEA, de xeito inmediato e sen máis escusas a Xunta de Galiza, para poder realizar a urbanización do PS-1.

Non podemos seguir por máis tempo cunha recuperación da ETEA paralizada, pola pelexa entre administracións,  egos ou protagonísmos de políticos, que só prexudican a Teis e a Vigo. Tanto a Xunta de Galiza e o Concello de Vigo, teñen que pórse a traballar pola recuperación total dos terreos da ETEA.

Scroll ao inicio