O pasado venres celebrouse no local da Asociación, a charla “ A descoberta dunha agrarista en Teis: Elena Estévez,” a cargo de Marga do Val, escritora e directora do instituto de estudos agrarios Mártires de Sobredo. O acto contou cunha boa asistencia e a presenza de netas de Elena Estévez. Tamén, debemos destacar o artigo publicado pola xornalista Carolina Sertal no Faro, sobre a figura de Elena Estévez.

