A DESCOBERTA DUNHA AGRARISTA DE TEIS: ELENA ESTÉVEZ. VENRES 23 DE MAIO ÁS 20:00 H, NO LOCAL DA ASOCIACIÓN.

A Asociación Veciñal de Teis, organiza unha charla, este venres 23 de maio ás 20:00 horas, no local da Asociación, baixo o titulo “ A descoberta dunha agrarista en Teis: Elena Estévez,” .

A charla será a cargo de Marga do Val, escritora e directora do Instituto de estudos agrarios Mártires de Sobredo.   

A escritora Marga do Val, deu coñecer a figura de Elena Estévez, nun artigo   “A historia desaparecida de Elena Estévez, voz no relato do agrarismo , na revista Grial.

Elena Estévez, veciña de Teis, propagandista agrarista, filla de Julián Estévez, dirixente agrario e Alcalde de Lavadores. Cando o seu pai se converteu en presidente do Directorio Antiforista de Teis, Elena vinculouse á campaña antiforal realizada polo Directorio. Dende 1909 foi constante a súa participación nos mitins e reunións antiforistas xunto con Carmen Álvarez. Insistía os seus discursos á muller galega para convencela da necesidade de incorporarse a unha loita na que se libraba a vida de Galicia e a emigración dos seus fillos.

Scroll ao inicio