A ASOCIACIÓN, DENUNCIA DEFICIENCIAS NA PRAIA DA PUNTA, A UN MES DO COMEZO DO VERÁN.

A Asociación Veciñal de Teis, a finais do pasado mes de abril dirixiuse por escrito ao Concello de Vigo, para trasladarlle a necesidade de realizar varias actuacións de mellora na praia da Punta, diante da chegada do verán.

A praia de A Punta, é o areal máis importante con que conta o barrio de Teis, e que conta coa distinción da bandeira azul. Ademais, a praia esta en contacto co paseo marítimo e co parque público da ETEA, polo que é un dos lugares de lecer máis importantes da cidade nos meses de verán, independente da súa falta de mantemento e de dotacións.

A rampla de aceso a praia, fáltalle un tramo. O estado actual da rampla impide que sexa utilizada por persoas maiores ou con pouca mobilidade.

No paseo marítimo que rodea a praia, hai tramos sen firme e buratos. Estas deficiencias ( rampla, paseo marítimo) xa levamos anos denunciando, sen que se tome ningunha medida.

O acordo histórico entre Costas e o Concello de Vigo de 2019

O 30 de xaneiro de 2019, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciaba un “acordo histórico “, co departamento provincial de Costas, para avanzar en cinco proxectos que recuperen a fachada marítima da cidade, incluíndo entre estas actuacións a praia da Punta,despois de 6 anos deste acordo, non houbo ningunha actuación nesta praia.

Unha vez máis estamos diante de anuncios e fotos, que logo non se concretan en nada. É urxente mellorar a praia de A Punta, como vimos reivindicando desde fai anos as diferentes administracións implicadas. Non é aceptábel o actual estado da praia, que ademais figura como unha praia coa distinción da bandeira azul.

Scroll ao inicio