DIFICULTADE: SINXELA (9 KM) válido a partir dos 6 anos. O Monte Aloia è a zona natural de Galiza que primeiro foi protexida polos seus valores naturais.
Con esta ruta imos intentar coñecelo dun xeito diferente da que estamos acostumados. Comezaremos a camiñar pola parte alta do monte, polo mirador e a capela e asì faremos un roteiro totalmente descendente e iremos conectando cos distintos lugares màis bonitos deste frondoso bosque: Poza da Cabana, a senda Botánica, o Rego da Pedra, o Castro Alto dos Cubos… e visitaremos tamén, o seu centro de interpretación que servirá para darnos un gran coñecemento do parque Quedaremos ás 10:30 no Parque da Macoca, na subida ao Aloia (pasarémosvos a ubicacciòn GPS vía whatsapp ou email).
A saída non se fai desde a nosa asociación, quedaremos directamente no parque do monte Aloia.Traer o bocadillo, comeremos durante a ruta. Hora aproximada de finalización às 16:00 horas. O número de prazas vai depender da situación epidemiolóxica neses momentos.
Prezos:
- Para socias/os: 12€, Niños 4 € (só paga o primeiro irmá/n). Inscrición a partir do día 9 de xuño.
- Para os non socias/os 14€ adulto e 6 € o 1º irmá/n. Inscrición a partir do día 14 de xuño.