A ASOCIACION, DEFENDE O MANTEMENTO DA CONSTRUCIÓN NAVAL, NOS TERREOS DE VULCANO.

Unha representación da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, mantivo unha xuntanza está mañá nas instalacións do estaleiro Vulcano, cos representantes dos traballadores deste estaleiro, para manifestarlle a nosa posición de defensa do mantemento da construción naval nos terreos do estaleiro Vulcano no barrio de Teis, logo da sentenza do Tribunal de Conflitos que anula a concesión.

Estamos a falar dun sector estratéxico para a nosa cidade e o noso país. Neste estaleiro ao longo dos cen anos de historia, permitiu que moitos/as veciños/as de Teis, traballaran nestas instalacións e fora o sustento de moitas familias.

O sector naval na ría de Vigo ocupa nos momentos de maior actividade perto de 9.000 traballadores en fabricación, contando as traballadores das empresas auxiliares.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, somos contrarios a que se podan destinar os terreos de Vulcano, para loxística e contedores.

As administracións públicas (Xunta, Goberno central,…) deben implicarse no mantemento deste estaleiro, especialmente a Autoridade Portuaria de Vigo. Non podemos permitir que desapareza este estaleiro, pois estamos a falar do emprego e do futuro para moitos/as veciños/as de Teis e de Vigo.

A Autoridade de Portuaria de Vigo, debe conceder unha nova concesión na actualidade a “ Astilleros San Enrique”, que lles permitir ter seguridade xurídica e poder desenvolver o proxecto industrial nestes terreos, que permita crear emprego, tan necesario en Vigo e a súa bisbarra.

A cidade necesita a industria e un sector naval en funcionamento, Vigo, non vai vivir das luces do nadal ou do camiño de Santiago.

Scroll ao inicio