A VECIÑANZA CONSEGUIU A APERTURA DIARIA,  DA OFICINA DOS SERVIZOS SOCIAIS DE TEIS.

 

A veciñanza de Teis, conseguiu despois de 4 meses, a apertura diaria da oficina dos servizos sociais de Teis, pois desde onte conta cunha subalterna, polo que a veciñanza pode pedir cita para ser atendida polas traballadoras sociais, recibir  información e non ter que desprazarse ao Concello.    Ao longo de 4 meses a oficina dos servizos sociais de Teis, estivo funcionando baixo mínimos, pola falta de persoal. Estando  pechada media semana (xoves e venres) ao carecer de persoal ( administrativo e bedel).

Este logro só foi posíbel pola denuncia e a mobilización veciñal que ao longo deste catro meses, concentrouse en dúas ocasións diante da oficina dos servizos sociais de Teis, convocados pola Asociación Veciñal de Teis, o foro socio educativo “ Os Ninguéns “, e a oficina dos dereitos Sociais de Coia, ODS Coia.

A oficina segue con carencias de persoal.

Desde a Asociación, valoramos como un éxito a apertura diaria da oficina, pero  queremos denunciar que segue existindo carencias de persoal graves, pois as dúas traballadoras sociais son insuficientes para atender  a todo a poboación de Teis e a necesidade de contar con algún persoal administrativo nesta oficina.

Consideramos que é unha prioridade uns bos servizos sociais e esiximos da Concelleira de servizos sociais e do Alcalde, unha solución inmediata, que pasa por dotar a esta oficina de todo o persoal administrativo necesario e de aumentar as traballadoras sociais.

Scroll ao inicio