A Asociación reclama a apertura total da ETEA

A ASOCIACIÓN VECIÑAL DE TEIS, RECLAMA A APERTURA E RECUPERACIÓN DE TODAS AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DA ANTIGA ETEA.

 

A  Asociación Veciñal de Teis, quer valorar como un logro da veciñanza do barrio de Teis, que mañá luns o Concello de Vigo  abra finalmente o pavillón da ETEA, logo de case once  anos  reivindicando a recuperación das instalacións deportivas da ETEA e dos constantes anuncios realizados por Abel Caballero, ao longo dos cincos como Alcalde de Vigo, incluso cando aínda era candidato a alcaldía.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, queremos reclamar ao goberno municipal a apertura de todas as instalacións deportivas da ETEA, formada por un pavillón, unha piscina e un campo de fútbol.

Seguimos descoñendo cal é o estado real da piscina, aínda que está Asociación solicitou visitar estas instalacións, que sufriron unha remodelación xunto co pavillón no ano 2011, grazas aos 850.000 euros do convenio entre o Concello de Vigo e o Consorcio da Zona Franca.  O campo de fútbol, podese ver o seu total estado de abandono, parece unha matogueira.

O goberno municipal, deberá expor cal é o seu proxecto para o resto das instalacións deportivas da ETEA e indicando prazos reais para a súa recuperación e apertura.

Por último, a A.V. de Teis, reitera- máis ala das instalacións deportivas-  a súa vontade, decisión e seguimento para que os terreos da antiga ETEA revertan na veciñanza de Teis e Vigo a través de equipamentos sociais gardería, residencia de maiores,.., comprometidos polas diferentes administración.

Vigo, 7 de abril de 2013

Asdo. Anxo Iglesias Covelo.

Scroll ao inicio