A xunta directiva da Asociación veciñal de Teis, realizou está mañá unha acto simbólico na ETEA, para denunciar a falta de mantemento e de limpeza do paseo marítimo e do parque público da ETEA.

 

Neste acto de denuncia varios directivos da asociación, participaron acompañados das súas respectivas desbrozadoras que utilizaron, para denunciar a falta de conservación destes espazos e a abundante vexetación.Achegamos foto paseo marítimo.

 

O paseo marítimo foi acondicionado polo Concello de Vigo en 2011, e do seu mantemento  encargase o Concello de Vigo, pero como se pode observar o mantemento é inexistente. A vexetación é tanta nalgún punto que até cubre os bancos existentes.

 

No caso do parque público, está obra realizouna a Xunta de Galiza, inaugurada en  2013, neste caso non hai ningún mantemento e hai falta de limpeza como tamén se pode observar.

 

Tanto no paseo marítimo e no parque público chama a atención que non haxa nin unha soa papeleira.

 

A Asociación Veciñal de Teis, reclama  a ambas administracións Xunta e Concello, o mantemento destes espazos e a coordinación entre ambas administracións.