A.V. DE TEIS, PRESENTA ESTE LUNS ALEGACIÓNS AOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DE 2014.
A xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, presentará este luns 19 de maio ás 11:30 horas no rexistro xeral do Concello de Vigo, alegacións aos orzamentos municipais aprobados inicialmente no pleno municipal do pasado 2 de maio e que atopanse en período de exposición pública desde o 10 de maio.
Logo da presentación destas alegacións, daremos unha explicación do contido das alegacións aos orzamentos municipais, pendentes da súa aprobación definitiva.
Vigo 18 de maio de 2014.